Policía Militar do Paraná

No Brasil as Policías Militares (PM) son forzas auxiliares e reserva do exército, e forman parte do sistema de seguridade pública e defensa social brasileiro. Os seus membros son chamados militares dos Estados.[1] Os Estados teñen cadansúa propia policía militar, con diferentes formacións, regulamentos e uniformes. As policías das forzas armadas teñen outras denominacións: Policía do Exército (PE), Policía Naval (PN), e Policía da Aeronáutica (PA).

A principal función da Polícia Militar do Paraná (PMPR) é a conservación da orde pública no Estado do Paraná.

Historia editar

A Policía Militar do Paraná foi creada como unha unidade de Cazadores (Infantaría Leve) en 1854,[2] co nome de Compañía de Forza Policial. Debido a necesidade do Imperio do Brasil, de efectivos militares para situacións de emerxencia.

A historia da PMPR presenta honrosa participación nos acontecementos militares que marcaron a vida nacional brasileira.

  • Guerra da Tripla Alianza
  • Revolución Federalista
  • Guerra do Contestado
  • Revolución de 1924
  • Revolución de 1930
  • Revolución de 1932

Essa situación foi mantida ata a fin da segunda guerra mundial, e foi soamente en 1946 cando a Policía Militar adquiriu a configuración actual; unha especie de xendarmaría que está suxeita aos Estados (da Federación).

Denominacións editar

 
Oficiais Bombeiros - 1923.
  • 1854 - Compañía de Forza Policial.
  • 1874 - Corpo de Policía.[3]
  • 1891 - Corpo Militar de Policía.[4]
  • 1892 - Rexemento de Seguranza.[5]
  • 1917 - Forza Militar.[6]
  • 1932 - Forza Pública.[7]
  • 1939 - Forza Policial.[8]
  • 1946 - Policía Militar.[9]

Organización editar

A PMPR está organizada en batallóns, compañías e pelotóns. As sedes dos batallóns están localizadas nas grandes cidades, e as súas compañías e pelotóns son distribuídos consonte coa densidade de poboación nas cidades veciñas.

Batallóns de Policía Militar editar

A Policía Militar do Paraná está presente en todas as cidades do Estado.

 
Carro de transporte de presos - 1909.
 
Día da Independencia do Brasil - 1938.
 
Patrulla de Escolas - 2008.
 
Helicóptero de Patrulla - 2011.
  • 1° Batallón de Policía Militar - Ponta Grossa;
  • 2° Batallón de Policía Militar - Jacarezinho;
  • 3° Batallón de Policía Militar - Pato Branco;
  • 4° Batallón de Policía Militar - Maringá;
  • 5° Batallón de Policía Militar - Londrina;
  • 6° Batallón de Policía Militar - Cascavel;
  • 7° Batallón de Policía Militar - Cruzeiro do Oeste;
  • 8° Batallón de Policía Militar - Paranavaí;
  • 9° Batallón de Policía Militar - Paranaguá;
  • 10° Batallón de Policía Militar - Apucarana;
  • 11° Batallón de Policía Militar - Campo Mourão;
  • 12° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
  • 13° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
  • 14° Batallón de Policía Militar - Foz do Iguaçu;
  • 15° Batallón de Policía Militar - Rolândia;
  • 16° Batallón de Policía Militar - Guarapuava;
  • 17° Batallón de Policía Militar - São José dos Pinhais;
  • 18° Batallón de Policía Militar - Cornélio Procópio;
  • 19° Batallón de Policía Militar - Toledo;
  • 20° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
  • 21° Batallón de Policía Militar - Francisco Beltrão;
  • 22° Batallón de Policía Militar - Colombo;
  • 23° Batallón de Policía Militar - Curitiba;
    • 1ª Compañía Independente de Policía Militar - Lapa;
    • 2ª Compañía Independente de Policía Militar - União da Vitória;
    • 3ª Compañía Independente de Policía Militar - Telêmaco Borba;
    • 4ª Compañía Independente de Policía Militar - Londrina;
    • 5ª Compañía Independente de Policía Militar - Umuarama.
    • 6ª Compañía Independente de Policía Militar - Ivaiporã;
    • 7ª Compañía Independente de Policía Militar - Arapongas;
    • 8ª Compañía Independente de Policía Militar - Irati.

Unidades Especializadas editar

  • Rexemento de Policía Montada;
  • Batallón de Policía de Tráfego;
  • Batallón de Policía de Estrada;
  • Batallón de Policía de Garda (de prisións);
  • Batallón de Policía de Medio Ambiente;
  • Batallón de Patrulla de Escolas;
  • Batallón de Operacións Especiais;
  • Batallón de Policía de Fronteira;
    • Compañía Independente de Policía de Garda (cerimonial).

Corpo de Bombeiros editar

O Corpo de Bombeiros do Paraná foi creado en 1912.[10] A Corporación é militarizada, semellante ao Sapeurs-pompiers de Francia, e está integrada na estrutura da PMPR. Un grupamento é equivalente a un batallón, e un subgrupamento dunha compañía. Os grupamentos e subgrupamentos están baseados nas grandes cidades. Nas cidades pequenas, os combates a incendios son realizados por bombeiros voluntarios.

  • 1° Grupamento de Bombeiros - Curitiba;
 
  • 2° Grupamento de Bombeiros - Ponta Grossa;
  • 3° Grupamento de Bombeiros - Londrina;
  • 4° Grupamento de Bombeiros - Cascavel;
  • 5° Grupamento de Bombeiros - Maringá;
  • 6° Grupamento de Bombeiros - São José dos Pinhais;
  • 7° Grupamento de Bombeiros - Paranaguá;
  • 8° Grupamento de Bombeiros - Foz do Iguaçu;
    • 1º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Ivaiporã;
    • 2º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Pato Branco;
    • 3º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Francisco Beltrão.
    • 4º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Apucarana;
    • 5º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Guarapuava;
    • 6º Subgrupamento Independente de Bombeiros - Umuarama;
    • Centro de Ensino e Adestramento - Piraquara.

Uniformes editar

Historicamente os militares brasileiros herdaron tradicións lusitanas. Desde o nacemento ata os primeiros anos da República, a PMPR usou uniformes azuis (azul ferrete) semellantes aos do Exército Português. En 1912 foi adoptada a cor caqui, que tradicionalmente permanece en uso ata hoxe. Os bombeiros sempre usaron os mesmos uniformes da policía militar, só engadindo as súas insignias e distintivos.

 

Graduación editar

A PMPR ten a mesma xerarquía do Exército Brasileiro, con insignias diferentes.

Coronel Tenente
Coronel
Maior Capitán Primeiro
Tenente
Segundo
Tenente
Aspirante
a Oficial
Subtenente
 
 
 
 
 
 
 
 
Primeiro
Sarxento
Segundo
Sarxento
Terceiro
Sarxento
Cabo Soldado de
Primeira Clase
 
 
 
 
 

Notas editar

  1. Artigo 42 da Constitución Brasileira de 1988.
  2. Lei n° 07, de 10 de agosto de 1854.
  3. Lei n° 380, de 30 de marzo de 1874.
  4. Decreto n° 04, de 10 de decembro de 1891.
  5. Lei n° 36, de 05 de xullo de 1892.
  6. Decreto n° 473, de 09 de xullo de 1917.
  7. "Decreto n° 1.505, de 25 de xuño de 1932." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2009. 
  8. "Decreto Lei n° 9.315, de 26 de decembro de 1939." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2009. 
  9. "Decreto Lei n° 544, de 17 de decembro de 1946." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2009. 
  10. "Lei n° 1.133, de 23 de marzo de 1912." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2009. 

Ligazóns externas editar