A Policía Canaria ou Corpo Xeral da Policía Canaria (CGPC, en castelán: Cuerpo General de la Policía Canaria) é a policía autonómica das Canarias.[1] Creouse en 2010 sendo presidente do Goberno Canario Paulino Rivero.

Policía Canaria
Logo
TipoPolicía autonómica
Data de fundación2008
EnIllas Canarias
PaísEspaña
28°06′41″N 15°27′24″O / 28.11131, -15.45655
Na rede
https://www.gobiernodecanarias.org/seguridad/cgpoliciacanaria/
editar datos en Wikidata ]

Cen axentes -92 homes e 8 mulleres-, integraron a primeira promoción da Policía Canaria nun acto de presentación celebrado o 30 de xuño de 2010 na Academia Canaria de Seguridade de Santa Cruz de Tenerife; o presidente autonómico manifestou que ese só era o primeiro paso dun despregamento que deberá chegar aos 1.700 axentes en varias fases.

A súa primeira misión produciuse con motivo da celebración da Baixada da Virxe das Neves, na illa de La Palma.

Competencias editar

De acordo coa Lei do Corpo Xeral da Policía Canaria, aprobada o 28 de maio de 2008 polo Parlamento das Canarias, entre as funcións deste corpo policial inclúese a vixilancia e protección de persoas, órganos e edificios, establecementos e dependencias da comunidade autónoma e dos seus entes instrumentais, e velar polo cumprimento das disposicións e ordes singulares ditadas polos órganos da comunidade, entre outras.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar