Polbo de patas longas

especie de molusco

O polbo de patas longas (Octopus salutii, Vérany 1836; antes Octopus saluzzii) é un molusco cefalópodo pertencente á orde Octopoda.

Polbo de patas longas

Caracterízase porque os tentáculos son considerablemente máis longos que no polbo común (Octopus vulgaris). Ademais, a expansión terminal do brazo copulador, ou hectocotilo, é destacada, longa e con numerosas bandas transversais.

Segundo Rosa Ramonell péscase con frecuencia nas costas galegas, especialmente ó sur de Fisterra, con artes de arrastre, a profundidades de 200 a 500 metros.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.

Ligazóns externas editar