Polaridade en embrioxénese

En bioloxía do desenvolvemento, un embrión dívídese en dous hemisferios: o polo animal e o polo vexetal dentro dunha blástula.

Un ovocito cos polos definidos

O polo animal consiste en células pequenas que se dividen rapidamente, en contraste co polo vexetal baixo del. Nalgúns casos, crese que o polo animal dará lugar ao embrión máis adiante, formando as tres capas xerminativas primarias e participando na gastrulación. O polo animal está fortemente pigmentado mentres que o polo vexetal permanece sen coloración.[1]

O polo vexetal contén células grandes que se dividen moi amodo, en contraste co polo animal. Nalgúns casos, crese que o polo vexetal dá lugar ás membranas extraembrionarias que protexen e nutren o embrión en desenvolvemento, como a placenta en mamíferos e o corion en paxaros.

O desenvolvemento do eixe animal-vexetal ocorre antes da fertilización.[2] A entrada de esperma pode ocorrer en calquera sitio do hemisferio animal.[1] O punto de entrada do espermatozoide define o eixe dorso-ventral (as células en fronte da rexión de entrada do espermatozoide finalmente formarán a porción dorsal do corpo).[3]

Na ra Xenopus laevis, un patrón pigmentado proporciona ao ovocito a característica corporal da simetría radial con distinta polaridade. O hemisferio animal é marrón escuro, e o hemisferio vexetal só está lixeramente pigmentado. O eixe de simetría pasa polos polos animal e vexetal. Os dous hemisferios están separados por un cinto ecuatorial sen cor. A polaridade ten unha influencia importante na aparición das estruturas embrionarias. De feito, a polaridade do eixe serve como unha coordenada do sistema xeométrico no que se organiza a embrioxénese temperá.[4]

Etimoloxía

editar

O polo animal recibe o seu nome da súa maior taxa de división celular en comparación co polo vexetal. Por iso o polo vexetal é nomeado pola súa aparente inactividade comparado co polo animal.

  1. 1,0 1,1 Principles of Development. ISBN 9780198709886. 
  2. Gilbert SF. Developmental Biology. 6th edition. Sunderland (MA): Sinauer Associates; 2000. Early Amphibian Development. Available from: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK10113/
  3. "Animal–Vegetal Axis Patterning Mechanisms in the Early Sea Urchin Embryo" 218. PMID 10644406. doi:10.1006/dbio.1999.9553. 
  4. P. Hausen, M. Riebesell: The Early Embryonic Development of Xenopus Laevis - An Atlas of the Histology ISBN 0387537406

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar