Pocitos é un barrio na cidade de Montevideo, capital do Uruguai. Localízase onda a praia de Pocitos, sobre a costa do Río da Prata, que nesta presenta un alto nivel de salinidade e ondas grandes. Esta praia toma o seu nome da época no que as lavandeiras acudían a ela, aproveitando as areas limpas da mesma para lavar a roupa, facendo pozos. Como moitos dos barrios montevideanos, tivo a súa orixe como un poboado independente que logo acabou absorbido polo crecemento da cidade.

Modelo:Xeografía políticaPocitos
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 34°54′30″S 56°09′00″O / -34.9083333, -56.15Coordenadas: 34°54′30″S 56°09′00″O / -34.9083333, -56.15
EstadoUruguai
Departamento (pt) TraducirDepartamento de Montevideo
División administrativaMontevideo Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11300 Editar o valor em Wikidata

Caracterízase por unha arquitectura de edificios de apartamentos de 10 a 15 plantas que bordean o estuario do Río de la Plata, especialmente a carón da praia, convivindo con algunhas casas antigas, aínda que xa para o ano 2006 non quedan máis que unhas poucas debido á presión polo terreo e o alto valor do mesmo. É o lugar elixido pola clase media e alta da sociedade uruguaia. Cada vez máis se está transformando nun lugar autónomo do centro da cidade, cos servizos comerciais bancarios e profesionais imprescindibles para o seu funcionamento.

En materia de gastronomía destaca pola gran variedade de locais especializados en diversos tipos de comida internacional e típica de diferentes países. Posúe ademais da súa variada rede comercial, dous grandes centros comerciais que agrupan centos de tendas do máis alto nivel internacional.

Con cerca de 70 mil habitantes, é o barrio máis densamente poboado de Montevideo.

Vista panorámica da Praia dos Pocitos.

Historia editar

Nos albores do século XIX a zona foi utilizada por lavandeiras que facían pequenos pozos ("pocitos") xunto a un leito de auga doce que logo foi denominado arroio dos Pocitos. O militar e cartógrafo José María Reyes (1803-1864) obtivo a propiedade do inmenso terreo e proxectou un barrio de 21 hectáreas en 1833, pero logo vendeuse ao estanceiro e salgador Ramírez Pérez, quen desenvolveu o proxecto desde 1841. A nova localidade foi inaugurada en 1886 co nome de "Nuestra Señora de los Pocitos".

O fácil acceso desde o Centro a través dos camiños públicos (actuais Avenida Brasil e Bulevar España) fomentou o crecemento do lugar como punto de recreación. A venda de terreos en rexións próximas por Francisco Piria e outros empresarios entre finais do século XIX e principios do XX estenderon a urbanización a Trouville, Villa Biarritz, Pocitos Nuevo e Parque Batlle. A principios do século XX Pocitos converteu en "estación balnearia".

A primeira liña de tranvías eléctricos de Montevideo foi inaugurada pola firma británica La Comercial o 17 de novembro de 1906 entre a Aduana e Pocitos e o servizo formal iniciouse o 8 de decembro (algúns dos tranvías máis importantes foi o tranvía 35 que pasaba pola Actual Rambla e Guayaqui). A mesma empresa xa explotaba o Gran Hotel Pocitos, unha enorme construción sobre o centro da praia que se converteu en centro social ineludible. A súa terraza adentrábase sobre o Río de la Plata até que foi destruída por un temporal en 1923. O edificio foi derruído en 1935. Entón o barrio xa contaba coa súa actual rambla e estaba poboado de ricas residencias. Gradualmente os grandes edificios comezaron a desprazarse ás casas-quintas. Pocitos rapidamente superou ao Centro na construción de edificios de apartamentos, particularmente logo da aprobación en 1946 do réxime de propiedade horizontal. Esa tendencia afirmouse na década de 1950 e continúa até o presente. A cotización do metro cadrado de propiedade horizontal do barrio é das máis altas de Montevideo.

O desenvolvemento dos medios de transporte e a posesión de automóbiles particulares agudizou a fuxida da clase media e media alta cara a Pocitos, que foi acompañada pola instalación dunha ampla variedade de servizos e comercios. A inauguración en 1985 e 1994 de dous shopping centers nas inmediacións deu ao gran barrio unha maior independencia do centro da cidade.

 
Plaia de Pocitos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar