Pobo yuchi
Os yuchi ou coyaha son un pobo indíxena que tradicionalmente vivía ó leste do val do río Tennessee, en Tennessee, no século XVI. Os yuchi eran coñecidos como construtores de montículos. Durante o século XVII, movéronse ó sur até Alabama, Xeorxia e Carolina do Sur.[2][3] Despois de sufrir moitas baixas polas doenzas epidémicas e a guerra no século XVIII, os yuchi sobreviventes foron trasladados ó Territorio indio na década de 1830, xunto cos seus aliados os muscogee creek.[2] Algúns dos poucos que quedaron en Florida formaron parte da tribo seminole de Florida.
Pobo yuchi | |
---|---|
As irmás Maxine Wildcat Barnett (esquerda) e Josephine Wildcat Bigler; dúas dos últimos falantes de lingua yuchi. | |
Poboación | |
Poboación total: 623 (censo de 2010)[1] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Oklahoma |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua yuchi e inglés |
Relixión | cristianismo e igrexa nativa americana[2] |
Grupos relacionados | Pobo muskogee |
No presente, os yuchi viven no nordeste da área de Oklahoma, onde moitos están federalmente recoñecidos dentro da nación muscogee creek ou doutras tribos como os absentee-shawnee e os cherokee.
Notas
editar- ↑ "2010 Census CPH-T-6. American Indian and Alaska Native Tribes in the United States and Puerto Rico: 2010" (PDF). census.gov. Consultado o 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Jackson, Jason Baird. "Yuchi (Euchee)." Oklahoma Historical Society's Encyclopedia of Oklahoma History and Culture. Consultado o 13 de xullo de 2010.
- ↑ Jackson 416
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Mark Abley, Spoken Here: Travels Among Threatened Languages, Houghton Mifflin, 2003.
- Jason Jackson, Yuchi Ceremonial Life: Performance, Meaning, and Tradition in a Contemporary American Indian Community, University of Nebraska Press, 2003.
- Jason Baird Jackson (ed.), Yuchi Indian Histories Before the Removal Era. Lincoln, NE: University of Nebraska Press, 2012.
- Frank Speck, Ethnology of the Yuchi Indians (reprint), University of Nebraska Press, 2004.
- Daniel Elliott, Ye Pleasant Mount: 1989&1990 Excavations. The LAMAR Institute, University of Georgia, 1991.