Os wanano, kotíriâ ou decosirumara son unha etnia indíxena que habita a ambos os dous lados do río Vaupés no departamento colombiano de Vaupés e o estado de Amazonas. Son unhas 4 mil persoas.

Pobo wanano
Mulleres wanano pescando no río Timbó, 1933.
Poboación
Poboación total:
c  4 000[1]
Rexións principais:
Colombia3 312 (censo de 2018)[2]
Brasil500
Aspectos culturais
LinguaLingua wanano
Relixiónrelixión tradicional
Grupos
relacionados
Pobo cubeo

Pescan diferentes especies de peixes, con diferentes clases de trampas que fabrican e tamén con redes, arco e frecha. Constrúen grandes canoas e troncos baleirados e son excelentes navegantes. Cazan con escopeta ou tiratacos e tamén con trampas para capturar aves ou roedores e cun pegante ñimi di que extraen do froito wosokü, ó que quedan adheridas algunhas aves, ó pousarse sobre el. Practican a agricultura itinerante, estabelecendo chagras mediante o método de tumba e queima, nas cales domina o cultivo de mandioca amarga, á beira do de diversas especies.

Danza das máscaras, 1933.

Celebran as colleitas coa festa do dabucuri e ademais realizan o "baile do achiote" bhusiobasa.

A súa propia lingua, a lingua wanano, pertence á póla oriental das linguas tucanas.

Notas editar

  1. David J. Phillips (2014). "Wanano - Kotiria". Índios do Brasil. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  2. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Santacruz, Jesús (1977) "Creación del hombre y rigen de las tribus según la historia de los Guananos (Vaupés)"; Almas 398: 2-7. Bogotá.
  • Waltz, Nathan e Carolyn (1979) "Guanano"; Aspectos de la Cultura Material de Grupos Étnicos de Colombia I: 125-137. ILV. Lomalinda: Editorial Townsend.

Outros artigos editar