Pobo rukai

grupo étnico de Taiwán

Os rukai (en chinés: 魯凱族; Lǔkǎi zú) son un dos pobos indíxenas de Taiwán. Está formado por seis comunidades que residen no sur de Taiwán (Budai, Labuan, Tanan, Maga, Mantauran e Tona), cada unha co seu propio dialecto da lingua rukai. No ano 2014, os rukai chegaban a 12 699 persoas,[1] e é o sétimo meirande pobo dos trece oficialmente recoñecidos como indíxenas de Taiwán. Os rukai tamén foron chamados tsarisen, que quere dicir "pobo que vive na montaña".

Pobo rukai
Home rukai.
Poboación
Poboación total:
c  12 000
Rexións principais:
Taiwán12 699 (2014)
Aspectos culturais
LinguaLingua rukai e mandarín
Relixiónanimismo e cristianismo
Grupos
relacionados
Pobos indíxenas de Taiwán

Os rukai honran o félido Neofelis nebulosa brachyura e as cobras Deinagkistrodon, que cren ser os espíritos dos seus devanceiros.

Notas editar

  1. The Council of Indigenous Peoples, Executive Yuan, R.O.C. (Taiwan) (ed.). "Indigenous population distribution in Taiwan-Fukien Area based on gender and ethnicity (in Chinese, PDF format)". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 5 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar