Pobo luba

Os luba son un pobo da familia lingüística bantú que habita no sueste da República Democrática do Congo. Os luba están divididos en diversas tribos, que superan en conxunto o medio millón de individuos.

Pobo luba
StoryoftheCongoFreeState 144b.jpg
Grupo de lubas
Poboación
Poboación total:
Rexións principais:
República Democrática do Congo500 000 hab 
Aspectos culturais
Linguachiluba, kiluba
RelixiónCatolicismo
Grupos
relacionados
Pobos bantús

A mediados do século XVI constituíron un reino de tipo feudal en cuxa corte desenvolveuse unha arte singularmente refinada que chegou até os nosos días: figuras para o culto aos antepasados, máscaras, banquetas sostidas por cariátides (mulleres axeonlladas), copas, etc.

Polo que respecta á economía, na actualidade a rexión é case autosuficiente grazas ás súas ricas minas de diamantes. Cómpre sinalar que a súa economía non padeceu a hiperinflación desenfreada do resto do país, cousa que significa que sexa a vantaxe principal desta rexión.

O antigo Imperio luba caracterizábase pola existencia dunha autoridad central, á que se denominaba mulopwe (rei), que, copiando dos colonizadores europeos, revestiuse dun carácter sagrado.

A súa relixión tradicionalmente baseábase no culto aos antepasados, pero coa exploración e colonización europea (1870-1960), coa chegada dos belgas e a dominación política destes, gran parte dos luba convertéronse ao catolicismo.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Davidson, Basil: Africa in History: Themes and Outlines, Revised & Expanded Edition. Simon & Schuster, NY (1991).
  • Fage, J.D. e Oliver, Roland, general editors: The Cambridge History of Africa. Vol V e VI., Cambridge University Press, Cambridge, Reino Unido (1976).
  • Kabongo, Kanundowi e Bilolo, Mubabinge, Conception Bantu de l'Autorité. Suivie de Baluba: Bumfumu ne Bulongolodi", African University Studies, Múnic - Kinshasa (1994).

Outros artigosEditar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.