Os kankuamos, tamén chamados kankuaka, kankui ou kankuané, son un pobo indíxena de Colombia que habita na área que abrangue dende as ladeiras meridionais da Serra Nevada de Santa Marta até o norte do departamento de Cesar, nos correxementos de Atánquez, Guatapurí, Chemesquemena, Los Haticos, La Minha e Río Seco.[2] O pobo kankuamo, cuxa poboación se estimou nunhas 15 000 persoas no ano 2006, falan o "sánha", unha variedade da lingua atanque da familia lingüística chibcha. As súas leis baséanse na natureza e consideran a Serra Nevada de Santa Marta, a montaña costeira máis alta do mundo, como sagrada. Na súa lingua nativa chámana Umunukunu.[3] Moitos kankuamo, a maioría deles comerciantes, non falan a súa lingua nativa.[4]

Pobo kankuamo
Poboación
Poboación total:
16 986 (censo de 2018)[1]
Rexións principais:
ColombiaSerra Nevada de Santa Marta
Aspectos culturais
LinguaCastelán e kankuamo (lingua morta)
Relixióncrenzas tradicionais
Grupos
relacionados
Pobo arhuaco, pobo kogui e pobo wiwa
Serra Nevada de Santa Marta, fogar do pobo kankuamo.

Notas editar

  1. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  2. (en castelán) Localization of the Kankuamo people and language - Pueblos Originarios - consultado o 18 de abril de 2016
  3. "Kankuamo people" - Minority Rights - consultado o 18 de abril de 2016
  4. (en castelán) Kankuamo people and their languages Arquivado 10 de novembro de 2017 en Wayback Machine. - Banco de la República - consultado o 18 de abril de 2016

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar