Pobo juma

pobo indíxena do Brasil

Os jumas son un pobo indíxena do Brasil que vive no estado do Amazonas, ao longo do río Mucuim, un afluente do río Açuã.[2] O territorio do grupo atópase no concello de Canutama. Polo menos até o ano 2002, atopábanse fóra do seu territorio, na aldea Alto Jamary, xunto aos uru-eu-wau-wau, onde os catro últimos individuos casaron con individuos desa outra etnia.[3] Os jumas falan a lingua juma, unha variedade do subgrupo VI das linguas tupí-guaranís.[2]

Pobo juma
Poboación
Poboación total:
3 (2021)[1]
Rexións principais:
BrasilAmazonas
Aspectos culturais
LinguaLingua juma e portugués[2]
Relixiónanimismo
Grupos
relacionados
Pobo uru-eu-wau-wau

No século XVIII, os jumas roldaban entre as 12 000 e as 15 000 persoas.[4] Por mor dos masacres levados a cabo ao longo da historia, o seu número descendeu a 300 en 1940.[2] En 1998, só había catro persoas do pobo juma. O derradeiro varón juma, Aruka Juma, morreu por mor da COVID-19 en 2021.[1] Foi sobrevivido polas súas tres fillas, as únicas superviventes do seu pobo.

Nomes editar

Os jumas tamén son coñecidos como arara, kagwahibm, kagwahiph, kagwahiv, kavahiva, kawahip, kawaib e yumá.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 COIAB, ed. (17 de febreiro de 2021). "A devastadora e irreparável morte de Aruká Juma" (en portugués). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Juma." Ethnologue. 2009. Consultado o 27 de marzo de 2012.
  3. A. Peggion, Edmundo. "Juma - Povos Indígenas no Brasil". pib.socioambiental.org. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  4. "Juma: Introduction." Instituto Socioambiental: Povos Indígenas no Brasil. Consultado o 27 de marzo de 2012