Plutarco de Atenas
filósofo grego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Plutarco.
Plutarco de Atenas (Πλούταρχος Plutarkhos), nado sobre 350 e finado en 430, foi un filósofo neoplatónico grego que dirixiu a escola neoplatónica de Atenas ao comezo do século V. Foi coñecido como Plutarco o Grande.
Nome orixinal | (grc) Πλούταρχος ὁ Ἀθηναῖος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 350 Atenas, Grecia |
Morte | década de 430 (79/89 anos) Atenas, Grecia |
Scholarch of the Platonic Academy (en) | |
400 – 432 – Siriano de Alexandria (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, astroloxía e Psicoterapia |
Ocupación | filósofo |
Período de tempo | Imperio Romano e Antigüidade tardía |
Alumnos | Proclo (pt) , Asclepigénia de Atenas (pt) e Siriano de Alexandria (pt) |
Influencias | |
Lingua | Grego medieval (pt) |
Familia | |
Fillos | Asclepigénia de Atenas (pt) , Hiério (pt) |
Traxectoria
editarFillo de Nestorio, foi un ecléctico ou sincretista e foi mestre de Siriano de Alexandría, que despois o sucedeu á fronte da escola, e de Proclo de Licia. Crese que seguiu a Iámblico na súa doutrina da eficacia dos ritos teúrxicos para levar ao home á comuñón con Deus.
Obra
editarEscribiu algúns comentarios que se perderon sobre o Timeo de Platón e De ánima de Aristóteles. Morreu a avanzada idade o 430.