Pleuródiros

(Redirección desde «Pleurodira»)
Pleuródiros
(Pleurodira)

Chelus fimbriatus

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Testudines
Suborde: Pleurodira Cope, 1865 [1]
Familias

Os pleuródiros ou pleurodiros (Pleurodira) son unha suborde de tartarugas do hemisferio sur que se identifican pola súa maneira de volver o pescozo para dar volta á súa cabeza na cuncha. Estas tartarugas deben dobrar o seu pescozo sobre o lado, formando un S horizontal, máis ca dobralo cara a arriba no plano vertical da cobertoira directamente sobre a columna vertebral, como fai a outra suborde dos Testudines, a dos criptódiros. O funcionamento das queixadas tamén serve para distinguir estas dúas subordes.

Distribución

editar

Entre as familias, a que ten representantes na actualidade (Chelidae) vive en rexións coma Suramérica, Australia e Nova Guinea. As especies da superfamilia Pelomedusoidea atopámolas no continente africano e en Norteamérica. Esta distribución e a dos fósiles, nesta suborde, explícase pola deriva continental.

Clasificación

editar

Taxonomía

editar

Suborde Pleurodira

Familia Proterochersidae (extinta)
Familia Chelidae
Familia Araripemydidae (extinta)
Superfamilia Pelomedusoidae
Familia Pelomedusidae
Familia Bothremydidae (extinta)
Familia Podocnemididae

Sistemática

editar

A clasificación presentada aquí é a de Maylan e Ganko (1997) e Lapparent de Broin (2000).[2]—o Casichelydia

  |--o Cryptodira Dumeril & Bibron, 1835
  `--o Pleurodira 
     `—o ...
        |--o Chelidae
        |  |--o Chelodininae
        |  `--o
        |     |--o Hydromedusinae
        |     `--o Chelidinae
        `--o Pelomedusoides Cope, 1868
           |--o †Araripemydidae Price, 1973
           `--o Pelomedusoidea Cope, 1868
              |--o Eusarkiidae
              |--o Pelomedusidae
              `--o Podocnemoidea Cope, 1868
                 |--o †Bothremydidae Baur, 1891
                 `--o Podocnemidae Cope, 1868
                    `--o ...
                       |-- Podocnemis
                       `--o Erymnochelyinae

Estas subordes inclúen as famiias de tartarugas seguintes:

  1. Rhodin (2011)
  2. Pleurodira''en Mikko's Phylogeny Archive. Consultada o 31/10/2012.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Mello-Leitão, C. (1937): Zoo-geografia do Brasil. São Paulo: Companhia Editora Nacional. (en portugués)
  • Padilla Álvarez, F. e Cuesta López, A. (2003): Zoología aplicada. Madrid: Díaz de Santos. (en castelán)
  • Rhodin, Anders G. J., van Dijk, Peter Paul, Inverson, John B., Shaffer, H. Bradley e Roger, Bour (2011): "Turtles of the world, 2011 update: Annotated checklist of taxonomy, synonymy, distribution and conservation status". Chelonian Research Monographs 5 Artigo en PDF (en inglés) Consultado o 31/10/2012.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar