Plesiópidos

(Redirección desde «Plesiopidae»)

Os Plesiópidos (Plesiopidae) son unha familia de peixes mariños incluídos dentro da orde dos Perciformes. Distribúense por augas do Indopacífico.

Paraplesiops bleekeri

Características

editar

Son de corpo alto, oval e algo comprimido, con liña lateral dividida en dúas partes. Boca terminal, algo protráctil. A lonxitude máxima é duns 20 cm. Aliméntanse de pequenos crustáceos e peixes.

Unha aleta dorsal con 10-15 espiñas e 6-10 raios brandos; anal con 3 espiñas e 8-9 raios brandos; pectorais con 18-23 raios brandos; pelvianas cunha espiña e 4 raios brandos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar