Abrir o menú principal

Plastic Surgery Disasters

álbum de Dead Kennedys

Plastic Surgery Disasters é o segundo álbum da banda de punk rock Dead Kennedys, publicado en novembro de 1982 a través dos selos Alternative Tentacles e Faulty Products. Gravado en San Francisco no mes de xuño de 1982, foi producido polo guitarrista do grupo East Bay Ray e o prolífico produtor de punk rock Thom Wilson. O disco é máis escuro e ten máis influencias hardcore que a súa estrea Fresh Fruit for Rotting Vegetables como resultado do intento da banda de expandir o son e o estado de ánimo que conseguiran co seu sinxelo de 1980 "Holiday in Cambodia".[1] Foi o primeiro álbum en contar co batería D.H. Peligro, e é o favorito do líder Jello Biafra.[2]

Plastic Surgery Disasters
Álbum de Dead Kennedys
Publicadonovembro de 1982
Gravaciónxuño de 1982
Estudio(s)Hyde St. Studios e Möbius Music en San Francisco
Duración42:56
Xénero(s)hardcore punk, post-punk
Selo(s)Alternative Tentacles, Faulty Products
Producido porEast Bay Ray, Thom Wilson
Cronoloxía
In God We Trust, Inc. Plastic Surgery Disasters Frankenchrist

Foi reeditado co EP In God We Trust, Inc., que son as oito últimas cancións do CD. A fotografía da portada é "Hands", do fotógrafo Michael Wells. A mesma imaxe foi usada por outra banda de punk rock de San Francisco chamada Society Dog para o seu EP .....Off of the Leash, publicado en 1981. A meirande parte das edicións do álbum inclúen un libreto coas letras e pezas de collages de Biafra e Winston Smith ligados ás letras das cancións. Na reedición de 2001 a través do selo Manifesto, o comezo de "Government Flu" está nunha pista separada titulada "Advice from Christmas Past". Tamén hai un erro de escritura no CD de Manifesto onde "Bleed for Me" é titulada "Bleed for". Nas edicións orixinais en casete e vinilo a cara A son os temas 1-8 e a B os temas 9-13. Porén, nalgunhas reedicións en vinilo a cara A vai ata o tema 9 e a B contén o resto.

Plastic Surgery Disasters é un álbum cíclico, o que significa que o derradeiro tema, "Moon Over Marin", continua cara o principio da primeira canción, "Government Flu".

"Moon Over Marin" foi versionada pola banda galega Siniestro Total como "La luna sobre Marín (Moon over Marin)", cara b do sinxelo de 1983 "No somos de Monforte". O tema tamén aparece como canción extra na reedición do seu álbum Siniestro Total II: El Regreso.[3]

Listaxe de canciónsEditar

Tódolos temas escritos e compostos por Jello Biafra, agás onde se indique. 

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Government Flu"   3:01
2. "Terminal Preppie"   1:30
3. "Trust Your Mechanic"   2:55
4. "Well Paid Scientist"   2:21
5. "Buzzbomb" (Jello Biafra, East Bay Ray) 2:21
6. "Forest Fire"   2:22
7. "Halloween" (Dead Kennedys) 3:35
8. "Winnebago Warrior" (Dead Kennedys) 2:09
Cara 2
N.º Título Duración
9. "Riot" (Dead Kennedys) 5:57
10. "Bleed for Me" (Dead Kennedys) 3:24
11. "I Am the Owl" (Dead Kennedys) 4:51
12. "Dead End" (Ray) 3:56
13. "Moon Over Marin" (Biafra, Ray) 4:29

NotasEditar

  1. "Songwriter Interviews - Jello Biafra". Songfacts. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  2. "Jello Biafra Walks Us Through his Entire Discography". Punk News. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  3. "La luna sobre Marín (Moon over Marin)". Siniestro Total. Consultado o 5 de outubro de 2018.