Planh (poemario de 1944)

Planh. 10 poèmes de Anne-Marie Cazalis, avec un portrait de l'auteur par Valentine Hugo é o título dunha obra poética en francés de autoría de Anne-Marie Cazalis editada en París por Odette Lieutier en febreiro de 1944.

Anne-Marie Cazalis viña de gañar en 1943 cos poemas desta obra o premio de poesía Paul Valéry. A editorial tirou do prelo apenas 250 exemplares da obra en edición artesanal feita a man.[1]

A obra foi reeditada en 2012 en versión cadrilingue en francés, portugués, español e inglés.[2]

O título da obra, Planh, fai referencia a un xénero poético en lingua occitana da Idade Media no cal o trobador choraba a morte dun defunto.

Notas editar

  1. http://www.worldcat.org/title/planh-10-poemes/oclc/717013542
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2013.