Planet 51
Planet 51 é un filme de animación español dirixido por Jorge Blanco, Javier Abad e Marcos Martínez que se estreou no 2009.
Planet 51 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Planet 51 |
Director | Jorge Blanco Co-Director: Javier Abad Marcos Martínez |
Produtor | Ignacio Pérez Dolset Guy Colins |
Guión | Joe Stillman |
Intérpretes | Dwayne Johnson Jessica Biel Justin Long Gary Oldman Seann William Scott John Cleese |
Música | James Brett |
Montaxe | Alex Rodriguez |
Estudio | Ilion Animation Studios HandMade Films |
Distribuidora | TriStar Pictures (USA) DeA Planeta (España) Entertainment Film Distributors (RU) Alliance Films (Canadá) |
Estrea | 2009 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Animación, Infantil |
Orzamento | $70 000 000[1] |
Recadación | $105 647 102 |
Na rede | |
https://www.sonypictures.com/movies/planet51 | |
Sinopse
editarPlanet 51 é a historia dunha familia de extraterrestres que vive tranquilamente no seu planeta ata a chegada do que para eles é un alieníxena: un ser humano. O Capitán Charles "Chuck" Baker, astronauta americano, aterra en Planet 51 pensando que é a primeira persoa en pisar o planeta. Para a súa sorpresa, descobre que o planeta está habitado por pequenas criaturas verdes que viven felizmente nun mundo inzado de cercas brancas, reminiscencia da alegre inocencia da América dos anos 50.
Personaxes
editar- Justin Long como Lem
- Dwayne Johnson como Capitán Charles "Chuck" T. Baker
- Jessica Biel como Neera
- Gary Oldman como Xeneral Grawl
- Seann William Scott como Skiff
- John Cleese como Profesor Kipple
- James Corden e Mathew Horne como os dous soldados que cren ser zombis.
- Freddie Benedict como Eckle
- Alan Marriott como Glar
Galardóns e nomeamentos
editarNotas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en castelán)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)