Placa suramericana

(Redirección desde «Placa Suramericana»)

A Placa suramericana é unha placa tectónica formada por litosfera continental e por litosfera oceánica, é dicir, mixta, que contén a Suramérica e ao suroeste do océano Atlántico. Está rodeada pola placa africana polo leste, pola placa caribeña e norteamericana polo norte, pola placa de Nazca polo Oeste e pola placa antártica polo sur.

A placa suramericana atópase no centro do mapa, pintada con morado.

Evolución

editar
 
Panxea

Hai 225 millóns de anos formaba parte de Panxea, o único continente existente na Terra por entón. Suramérica estaba unida a África polo leste e a Norteamérica polo norte.

Hai 180 millóns de anos a Panxea sepárase. A placa suramericana forma parte da metade meridional, Gondwana. Aínda segue unida a África.

Hai 135 millóns de anos comézase a formar o Atlántico Sur, pola formación da Dorsal Suratlántica.

Hai 65 millóns de anos, segue crecendo o océano Atlántico, mentres a placa de Nazca subduce por debaixo da placa suramericana, o que provoca a formación da Cordilleira dos Andes.

Na actualidade segue crecendo o océano Atlántico a unha velocidade aproximada de 3 cm por ano. Ademais a placa de Nazca segue subducindo, o que provoca unha alta actividade sísmica no oeste de Suramérica.

En teoría, e sempre que non haxa un cambio, a placa suramericana tende a acercarse a Asia e a Australia, reducíndose o océano Pacífico. No futuro poderían chegarse a unir Suramérica con Australia e Asia.

 
Laurasia e Gondwana hai 200 millóns de anos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar