Plácido Fernández
pintor e gravador galego
Plácido Antonio Fernández de Arosa, nado en Santiago de Compostela o 15 de xaneiro de 1760 e finado o 3 de decembro de 1838, foi un pintor e gravador galego.[1]
Plácido Fernández | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1760 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 3 de decembro de 1838 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor e gravador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Andrés Fernández Montero "Ollos mouros" e neto de "Guinchote", escultores, Plácido formouse con Xoán Antonio García de Bouzas.
Pensionado por Xoán Antonio Cisneros de Castro e da Barrera, primeiro Conde de Gimonde, ingresou o 27 de abril de 1794 na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, onde coincidiu co seu irmán Tomé, tamén pintor, e co seu paisano Gregorio Ferro, por entón tenente director da mesma.[1]
Foi tamén profesor da Escola de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, de 1806 a 1809.[1]
Galería de imaxesEditar
Obras de Plácido Fernández de Arosa | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Fernández Castiñeiras, Enrique. "Diccionario Biográfico electrónico". dbe.rah.es (en castelán). Real Academia de la Historia. Consultado o 23 de xullo de 2020.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plácido Fernández |
BibliografíaEditar
- Enciclopedia temática de Galicia, t. V-Arte, Nauta, Barcelona, 1990 (en castelán), ISBN 84-278-1210-8 (v.5).
- Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- "Fernández de Arosa, Plácido Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 56.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández Castiñeiras, Enrique; et al. (2005). "Fernández de Arosa, Plácido Antonio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Murguía, Manuel (1884). El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria (en castelán). Madrid: Est. Tip. de Fernando Fé.