Pipino de Herstal
Pipino II de Heristal ou Pipino o Mozo, nado en Heristal, circa 635 e finado en Jupille, Bélxica o 16 de decembro de 714, foi o Mordomo de Palacio de Austrasia. Fillo de Ansexiselo e de Begga, fillo de Pipino I o Vello.
Nome orixinal | (fr) Pépin d'Herstal |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 645 Herstal, Bélxica (pt) |
Morte | 16 de decembro de 714 (68/69 anos) Jupille-sur-Meuse, Bélxica (en) |
Mordomo do palacio Austrasia | |
676 – 714 ← Wulfoald (en) – Teodebaldo, mordomo de palacio → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Arnulfianos e Pipinidas (pt) |
Cónxuxe | Plectruda Alpaida |
Fillos | Grimoaldo o Mozo () Plectruda Drogo de Champagne () Plectruda Carlos Martel () Alpaida Childebrando I () Alpaida |
Pais | Ansegisel e Begga de Landen |
Irmáns | Martin of Laon |
Parentes | Clothildis Doda, may be sibling |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Traxectoria
editarImportante propietario terratenente, gozaba dun gran número de adeptos que reforzaron o seu poderío e o dos seus sucesores. Moito máis prudente que o seu tío Grimoaldo I, non se aproveitou da súa situación para colocar á súa familia desprazando aos merovinxios.
Tralo asasinato de Dagoberto II, erixiuse en cabeza da aristocracia austrasiana contra as pretensións hexemónicas do mordomo de palacio Ebroíno, ataca Neustria, combatendo preto de Laon.
Cando Ebroíno morreu en 681, Pipino reconciliouse co mordomo de palacio de Neustria, Waratton, recoñecendo a Teodorico III como rei franco, pero debeuse enfrontar a Berchar, sucesor de Waratton e, en 687, conseguiu que os neustrianos se retirasen, definitivamente, a Tertry.
Pipino II recoñeceu de novo como rei a Teodorico II, pero erixiuse como mordomo de palacio de todo o reino franco. Impuxo a autoridade franca sobre os alamáns, os frisóns e os francóns, axudando ás primeiras misións evanxelizadoras en Xermania.
A súa sucesión foi difícil, os seus fillos Drogón e Grimaldo morreron antes que el, quedando os seus fillos pequenos, Teodebaldo, Arnaldo e Hugo, a cargo da súa avoa Plectrude, rexente, e será o seu fillo ilexítimo, Carlos Martel, o que asumirá o poder.