Pintura (material)
Este artigo trata sobre a natureza dos materiais, así como as súas aplicacións en construción e enxeñería. A parte artística de pintura e as súas técnicas descríbense mellor no artigo Pintura.
A pintura[1] é un produto fluído que, aplicado sobre unha superficie en capas relativamente delgadas, transfórmase ao cabo dun tempo nunha capa sólida que se adhire á devandita superficie, de tal forma que recobre, protexe e decora o elemento sobre o que se aplicou.
En tempos antigos a pintura era feita a base de pigmento.
Adóitase aplicar con implementos tales como brochas, piceis, rodetes, pistolas ou ben directamente por inmersión.
Tipos de pintura
editarExisten diferentes tipos de pinturas, como vernices, esmaltes, lacas, colorantes, entonadores e selladores, entre outros; cada un cunhas propiedades físicas e químicas que deben terse en conta á hora de elixir o produto adecuado, xa sexa polo tipo de superficie a aplicar, o carácter estético ou as inclemencias á que vai estar sometido.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pintura.