Pinscher miniatura

O pinscher miniatura é un can de raza pequena caracterizado pola súa grande intelixencia e o seu áxil comportamento.

Pinscher miniatura. Pelaxe: negra e vermella.

Orixe editar

O pinscher miniatura é unha raza de can orixinaria de Alemaña, máis concretamente, remóntase ao século XVIII en Wurtemberg, un antigo estado localizado no suroeste da actual Alemaña. O Mini-Pin, como tamén se asocia a esta raza, empregábase como cazador de roedores e, máis concretamente, de ratas. É unha miniaturización do pinscher mediano e, ademais cómpre ter en conta que, son animais que non sofren ningún defecto de ananismo, senón que se crearon xuntando xenes de Galgos Italianos con Teckels e mais a familia dos Terrier.[1]

Características editar

Medidas
Altura: 25–30 cm á cruz.


Peso: 4–6 kg.
Capas da pelaxe
Unicolor:

Vermello-cervo

Vermello-castaño

Vermello escuro-castaño

Negro e fogo:

Pelaxe negra con manchas de cor vemello-castaño. Estas poden apreciarse sobre os ollos, na parte inferior do pescozo, no antepeito, nos metacarpos, nos pés, no perineo e nas caras internas dos membros posteriores.

 
Pinscher miniatura. Altura: 25-30 cm.

Comportamento editar

O pinscher miniatura caracterízase por ser un can moi activo e áxil, que precisa de paseos diarios e que, a pesar do seu pequeno tamaño, sorprenderá ao dono pola súa enerxía e vitalidade.[2]

É unha raza distinguida pola súa asombrosa fidelidade ao dono volvéndose, en ocasións, excesivamente protectores. É por isto polo que, se non se ten o coidado suficiente, convértense en cans moi ladradores. Precisan dun dono cunha grande autoridade que estableza regras xa que, do contrario, a raza conta cunha gran disposición para consolidarse como donos do fogar. Non obstante, é importante coñecer que se os educamos adecuadamente atopámonos ante unha raza de can moi equilibrada e intelixente. Esta intelixencia móstrase na súa capacidade para xogar agochando os obxectos na súa cama, ou mesmo, á hora de expresar as súas inquedanzas.

Finalmente, é necesario coñecer que esta raza se caracteriza pola súa constante actividade, ademais de seren cans moi cariñosos e, por suposto, grandes compañeiros ao longo de extensas andainas.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Historia del Pinscher Miniatura - Perros - mundoAnimalia.com". www.mundoanimalia.com. Consultado o 2019-04-29. 
  2. "Pinscher Miniatura". PURINA® (en inglés). Consultado o 2019-04-29. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Tucker, M. P. (2009). Pinscher Miniatura. col. Nuevas guías perros de raza. Barcelona: Editorial Hispano Europea. ISBN 978-8425518799.