Pino del Río

Coordenadas: 42°38′39″N 4°48′28″O / 42.64417, -4.80778

Pino del Río é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 209 habitantes (INE 2012).

Pino del Río
Bandera de Pino del Río.svg
Escudo de Pino del Río.svg
Pino del Rio.jpg
Vista aérea de Pino del Río.
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
Xeografía
Altitude990 msnm
Superficie52 km²
Demografía
Poboación209 hab. (2012)
Densidade4,02 hab./km²
Outros datos
Código postal34110
AlcaldeJosé Miguel Martín Novoa (PP)
pinodelrio.es

HistoriaEditar

Idade antigaEditar

Na localidade atopáronse restos de épocas romana e visigoda.

FundaciónEditar

A fundación da propia localidade situaríase nos mediados do século IX ou os comezos do seguinte, xa que foi nese tempo cando se repobou a zona das ribeiras do río Carrión.

ToponimiaEditar

No Becerro de las Presentaciones de León, que data dos séculos XIII-XVI, aparece Pinno (do latín pinnus), que designaría aos piñeiros, que noutrora puideron abundar na zona. A segunda parte do topónimo ven claramente do río Carrión.

XeografíaEditar

O concello sitúase na comarca de Vega-Valdavia, sita ao oeste da provincia de Palencia. Está atravesado de norte a sur polo río Carrión. A capital do concello está a 990 msnm. A principal estrada é a CL-615, que a comunica as localidades de Palencia e Riaño.

Distancias ás principais localidades:

Localidade Distancia (km)
Saldaña (PA) 18
Guardo (PA) 19
Riaño (LE) 55
Palencia (PA) 81
Valladolid (VA) 145

DemografíaEditar

Hoxe no municipio viven 211 persoas (INE 2011) pero en 1950 eran 669 e en 1900 eran 592; polo que a poboación descendeu moito.

GobernoEditar

O alcalde de Pino del Río é José Miguel Martín Novoa, do PP. Nas eleccións municipais de 2011, o resultado foi o seguinte:

Partido Votos Porcentaxe de voto Escanos
PP 88 54,66% 4
AIR 39 24,22% 1
PSOE 18 11,18% 0

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar