Pink and Brown foi unha banda estadounidense de noise rock/punk rock de San Francisco, California, formada en 1997 cando os seus membros mudáronse ao oeste dende Providence, Rhode Island. O grupo estaba composto por Pink (John Dwyer) e Brown (Jeff Rosenberg).[1][2] Pink tocaba a guitarra e cantaba mentres que Brown tocaba a batería. A banda estaba influenciada polos sons e estilos de artistas como Olneyville Sound System e Lightning Bolt.

Pink and Brown
OrixeSan Francisco, California,
Período1997 - 2003
Xénero(s)rock alternativo, punk rock, noise rock, art punk, post-punk, rock de vangarda
Selo(s) discográfico(s)Load Records
MembrosJohn Dwyer (Pink)
Jeff Rosenberg (Brown)
Na rede
Musicbrainz: 5b82c8f2-6c69-402b-ae57-e9d68beb1a79 Songkick: 50286 Discogs: 533427 Editar o valor em Wikidata

Os concertos de Pink and Brown (o primeiro dos cales foi en O'Brien's en Allston, Massachusetts) eran unhas actuacións caóticas e frenéticas de ámbolos dous membros. The San Francisco Bay Guardian describiu o seu son en directo como "a batería folk coreana que se volveu punk". Os dous membros aparecían no escenario con roupas extravagantes que se correspondían cos seus coloridos pseudónimos.

A banda separouse en 2003. Dwyer pasou a tocar con Coachwhips, Yikes! e The Hospitals, e no presente toca con Osees.[3] Rosenberg tocou en Young People e The Jews, e no presente actua con Lavender Diamond.[4] Tamén fai música ambiental de guitarra baixo o seu propio nome.

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Final Foods 2001 ToYo
Pink and Brown/Death Drug 12" Split 2002 Load Records
Shame Fantasy II 2003 Load Records
  1. "Oh Sees' John Dwyer: 21st Century Renaissance Man". Premier Guitar. Consultado o 9 de xuño de 2024. 
  2. Stosuy, Brandon. "Pink and Brown: Shame Fantasy II". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-06-09. 
  3. "OSEES expand tour, add two new L.A. dates; John Dwyer art show this month". Brooklyn Vegan. Consultado o 9 de xuño de 2024. 
  4. "Lavender Diamond Songs, Albums, Reviews, Bio &...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09.