Pierre J. Thuot

astronauta estadounidense
(Redirección desde «Pierre Thuot»)

Pierre Joseph Thuot, nado en Groton, Connecticut, o 19 de maio de 1945, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-36, STS-49 e STS-62.[1]

Pierre J. Thuot
Datos persoais
Nacemento19 de maio de 1955
LugarGroton
Actividade
MisiónsSTS-36, STS-49 e STS-62
Tempo no espazo27,29 días
PremiosLexionario da Lexión do Mérito
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Thuot graduouse en física pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1977 e ten un máster en xestión de sistemas pola Universidade do Sur de California en 1985. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1985, participando nas misións STS-36, STS-49 e STS-62. Pasou un total de 27,29 días no espazo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Thuot, Pierre Joseph" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar