Pidgin éuscaro-islandés

O pidgin éuscaro-islandés (en éuscaro: Euskara-islandiera pidgina) foi un pidgin falado en Islandia no século XVII. Está conservado en manuscritos islandeses dese século e do século seguinte. O pidgin está formado por verbas do éuscaro, do xermánico e termos romances. Desenvolveuse con probabilidade en Vestfirðir, onde foron atopados os manuscritos, pero como ten influencias doutras linguas europeas, tamén é probable que fose creado noutro lugar e que chegase a Islandia a través dos baleeiros vascos.[1]

Pidgin éuscaro-islandés
Falado en: Islandia
Total de falantes: Extinta
Familia: Linguas crioulas
 Crioulo de base éuscara
  Pidgin éuscaro-islandés
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa

Vestfirðir, a rexión islandesa onde se atopou o manuscrito en pidgin éuscaro-islandés.
Status

Notas editar

  1. Guðmundsson, Helgi (1979). Íslenskt mál og almenn málfræði, ed. Um þrjú basknesk-íslenzk orðasöfn frá 17. öld. Reykjavík. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar