Picture a Scientist
Picture a Scientist é unha película de Ian Cheney e Sharon Shattuck, que formou parte da selección oficial do Festival de Cinema de Tribeca, posposto debido á pandemia de COVID-19. A película exhibiuse en 47 cines dos Estados Unidos en xuño de 2020, e está actualmente dispoñible para proxeccións comunitarias virtuais.[1][2][3]
Picture a Scientist | |
---|---|
Ficha técnica | |
Estrea | 2020 |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Documental |
Na rede | |
https://www.pictureascientist.com/ | |
Contido
editarNo documental amosase a discriminación contra as mulleres na ciencia a través dos relatos das científicas entrevistadas: Raychelle Burks, Nancy Hopkins e Jane Willenbring.[4][5] E amosa como tamén no mundo académico as mulleres teñen que loitar pola igualdade e o respecto, non só no que respecta aos seus logros profesionais, senón tamén polos seus dereitos humanos fundamentais. [6]
Raychelle Burks, profesora de química analítica e divulgadora científica na Universidade de St. Edward en Austin. Texas e premiada co Premio Grady Stack 2020 pola American Chemical Society é unha das científicas entrevistadas. As outras entrevistadas foron Nancy Hopkins catedrática de Bioloxía no MIT, que formou parte do comité que elaborou o informe sobre nesgo de xénero na Facultade de Ciencias no MIT e Jane Willenbring profesora de xeoloxía no Instituto Scripps de Oceanografía, quen recibiu a Medalla ao Servizo da Antártida e o Premio CAREER da Fundación Nacional de Ciencias. Ademais, no documental recóllense as opinións de varias investigadoras do ámbito das ciencias sociais, como a psicóloga social indio-americana Mahzarin Rustum Banaji, e a psicóloga social Corinne Moss-Racusin, unha das investigadoras do experimento Jennifer e John.
Notas
editar- ↑ "Picture a Scientist". Picture a Scientist (en inglés). Consultado o 2020-10-04.
- ↑ "Picture a Scientist 2020 Tribeca Film Festival". Tribeca. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-04.
- ↑ "Picture A Scientist". Eventbrite (en inglés). Consultado o 2020-10-04.
- ↑ Witze, Alexandra (2020-06-24). "Three extraordinary women run the gauntlet of science — a documentary". Nature (en inglés) 583 (7814): 25–26. doi:10.1038/d41586-020-01912-6.
- ↑ "#PictureAScientist, imagina a un(a) científico(a)". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-10-23. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ Picture a Scientist. Arquivado 07 de outubro de 2020 en Wayback Machine. In: tribecafilm.com. Abgerufen am 26. April 2020.