Coordenadas: 41°54′14″N 12°29′18″L / 41.90389, -12.48833

Piazza Barberini é unha gran praza no centro histórico do centro da cidade de Roma, Italia e que se atopa no monte Quirinal. Foi creada no século XVI pero moitos dos edificios que a rodean foron substituídos ou reconstruídos.

Piazza Barberini, pintada por Ettore Roesler Franz ó redor de 1880, representando a Fonte de Tritón.

O seu nome actual foille dado en 1625 polo Palazzo Barberini, o pazo barroco construído no lado sur da praza para os Barberini. Orixinalmente, era unha grande entrada para o pazo deseñada polo pintor e arquitecto barroco Pietro da Cortona, pero foi demolido para a construción dunha nova estrada no século XIX. Porén, a súa aparencia é coñecida por gravados e fotografías da praza.[1]

No centro da praza atópase a Fontana del Tritone ou fonte de Tritón (1642–3) esculpida por Bernini. Outra fonte, a Fontana delle Api (1627–1629), tamén de Bernini está na achegada Via Vittorio Veneto pero foi reconstruída algo arbitrariamente despois da súa retirada da súa posición anterio, na esquina dun palacio onde a Piazza Barberini se encontra coa Via Sistina.[2]

Notas editar

  1. For early views of the piazza see Rome in Early Photographs 1846–1878. Photographs from the Roman and Danish Collections. Trans. Ann Thornton. Thorvaldsen Museum, Copenhagen, 1977, plates 59–64
  2. Blunt, Anthony. Guide to Baroque Rome , Granada, 1982, p.230