Foca anelada

(Redirección desde «Phoca hispida»)

A foca anelada[2] (Pusa hispida) é un mamífero pertencente á familia dos fócidos.

Características editar

A lonxitude dos individuos oscila entre os 120 e os 150 centímetros. Cun peso que vai dende os 45 ós 100 kg. A femia é lixeiramente menor có macho. Moi semellante á foca común. O pelame dorsal é agrisado e pardo, con manchas escuras irregulares e rodeadas por un ton máis claro. É unha especie sedentaria que repousan habitualmente sobre o xeo e raramente sobre a terra. Chega a mergullarse ata os 300 metros de profundidade e aguanta 20 minutos sen respirar, alimentándose de crustáceos, peixes e moluscos.

Distribución editar

Vive por toda a costa ártica de Europa e Norteamérica, chegando ata o noroeste de Rusia. Tamén presente no mar Báltico e nas augas continentais de Finlandia

Notas editar

  1. Kovacs, K., Lowry, L. & Härkönen, T. (2008). "Pusa hispida". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 29 January 2009. 
  2. Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): "Fócidos" en Guía dos mamíferos de Galicia, pp. 96-103. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.