O Peugeot Tipo 2 é o primeiro dos vehículos accionado cun motor de gasolina producido entre 1890 e 1891 polo fabricante de automóbiles francés Peugeot na súa planta de Valentigney.

Peugeot Type 2

Fabricante S. A. des Automobiles Peugeot
País Francia
Produción 4 unidades
Período 1890-1891
Dimensións
Lonxitude 2300 mm
Anchura 1350 mm
Altura 1450 mm
Distancia eixes 1400 mm

Historia editar

O coche foi presentado tan só dous anos logo da marcha de Armand Peugeot do negocio da familia Peugeot co fin de concentrarse nos automóbiles. En 1889 Peugeot asistiu á Exposición Universal de París, onde presentou catro dos seus prototipos Peugeot Type 1, que estaban accionados por motores de vapor (de León Serpollet). O Tipo 1 recibiu pouco interese, Peugeot xa era consciente das limitacións derivadas da vibración e o peso dunha máquina de vapor neste tipo de coches de pequeno tamaño.

A visita á exposición non foi en balde, xa que atopouse coa invención revolucionaria de Gottlieb Daimler, o motor de combustión alternativo impulsado por gasolina. Cando rematou a exposición Daimler arranxouse para que o seu motor fora montado en Francia por Panhard et Levassor de París e chegou a un acordo con Peugeot para a construción dun cuatriciclo cunha potencia revolucionaria. Peugeot tamén foi capaz de negociar coa viúva de Edouard Sarazin. Adquiriu a Sarazin, antes da súa morte, os dereitos para fabricar o motor de combustión de Daimler en Francia, convertendo a súa viúva, Luisa, nunha figura clave na vida temperá da industria do automóbil en Francia, que sería a nación no mundo automotriz con maior produción ata o comezo da produción nos Estados Unidos en 1906.[1] Aproximadamente un ano logo da visita de Armand Peugeot a París, apareceu o Peugeot Tipo 2, seguido polo Tipo 3, eventos que marcaron a inauguración da empresa de automóbiles Peugeot. O Peugeot Tipo 2 era impulsado por un motor de gasolina bicilíndrico en V de catro tempos, montado baixo licenza de Daimler. O motor móntabase debaixo do asento, por encima e lixeiramente por diante do eixo traseiro ao que estaba unido por unha cadea. Os 2 CV de potencia proporcionabaos un motor de 565 cm³. Cunha velocidade máxima rexistrada de 18 km/h. A refrixeración era entón como agora un desafío nun motor de combustión, o motor Tipo 2 incorporaba tubos cheos de auga, prototipo de radiador que sería unha característica esencial dos motores de combustión nos séculos seguintes.

Unha distancia entre eixos de 1400 mm soportaba unha lonxitude do vehículo de 2300 mm. O ancho e alto, respectivamente, eran 1350 mm e 1450 mm. Un sistema de suspensión rudimentaria marcou o camiño a seguir respecto do que se convertería noutra das principais características do automóbil. O principal negocio de Peugeot era, nese momento, a produción de bicicletas, e a lixeireza de peso do Tipo 2 puidose incorporar das leccións aprendidas da produción de bicicletas. Fabricaronse catro Tipo 2. Tres foron cuatriciclos, mentres que o cuarto foi un triciclo. Todos eles tiñan espazo para dous pasaxeiros no banco encima do motor.

Comercialización editar

En 1891 Armand Peugeot participou persoalmente cun Peugeot Tipo 2 na primeira Ciclo maratón París-Brest-París, que fora organizada por Pierre Giffard, editor do xornal parisiense, Le Petit Journal. Peugeot atraeu a cobertura dos medios de comunicación cara á súa creación e Giffard xa era un eficaz defensor dos medios de comunicación do transporte sobre rodas. Peugeot cubriu unha distancia de 2.045 km, seguindo primeiro o curso da carreira e logo unha carreira en Valentigney (preto de Sochaux) logo a Brest e París. A súa velocidade, alcanzou moito antes da creación dunha rede nacional de estradas á medida dos vehículos de motor, unha media de 14 km/h.

Notas editar

  1. (en francés) S. Bellu (1998), L'éveil d'une industrie, p.18

Véxase tamén editar