Petróglifo de Bouza Abadín

petróglifos en Dodro

Coordenadas: 42°42′38″N 8°44′02″O / 42.710555555556, -8.7338888888889

O petróglifo de Bouza Abadín[2] é un grupo de varios gravados rupestres en seis penedos nas faldras entre o monte Padronelo e o Carboeiro, a 200 m da aldea de Imo (concello de Dodro). É un conxunto de interese histórico e artístico da Idade de Bronce co código no Catálogo da Xunta; GA15033008.[2] Está constituído por combinacións de círculos concéntricos, cruces, coviñas e figuras zoomorfas moi esquematizadas, dando testemuña das xentes que habitaron esta zona entre os anos 1800 e 600 a. C.

Petróglifo de Bouza Abadín
Descrición
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre
Categoría do ben: Inventariado
Catálogo: Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Código no Catálogo da Xunta: GA15033008 [1]
Estado de conservación: Bo
Cronoloxía: Idade de Bronce
Afeccións
Ten camiño de acceso? Si
Está cuberto de maleza? Non
Está afectado por algunha obra? Non
Atópase en perigo nestes momentos? Non
Locolización
Concello: Dodro
Lugar: Imo

En febreiro de 2011 un grupo de persoas voluntarias, baixo a supervisión dunha arqueóloga, limparon e acondicionaron a estación rupestre.[3][4] Durante a limpeza saíron á luz tres novos gravados que non estaban aínda inventariados.[5]

Notas editar

  1. "Bouza Badín". PXOM de Dodro. Consultado o 04-12-2023. 
  2. 2,0 2,1 Petróglifo de Bouza Abadín na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  3. "Dodro pone en marcha un proyecto para revitalizar el entorno del petroglifo de Bouza Abadín". El Correo Gallego. 31-01-2011. Arquivado dende o orixinal o 12-05-2014. Consultado o 30-11-2023. 
  4. "Voluntarios de Dodro limpiarán el petroglifo de Bouza Abadín, en Imo". La Voz de Galicia. 21-01-2011. Consultado o 30-11-2023. 
  5. "Dodro: a limpeza dos petróglifos de Bouza-Abadín continúa o sábado 12 de febreiro e agárdanse novas sorpresas". Xornalcerto (Blog). 07-02-2011. Consultado o 30-11-2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar