Pescada á galega

A pescada á galega é un prato típico da cociña galega cuxo principal ingrediente é a pescada (Merluccius merluccius) cocida.[1] A pescada férvese na auga convenientemente salgada. Adóitase servir acompañada de pequenas patacas ou cachelos, e nalgunhas ocasións engádeselle tamén coma gornición: ameixas ou vieiras.[2] O prato, como a cociña galega en xeral, é sinxelo de preparar e moi saudábel.

Toros de pescada á galega con cachelos.

Características editar

Adóitase servir de xeito que no prato teñamos un toro de peixe por persoa. A pescada adoita cocerse xunto coas patacas (cortadas en cachos) en auga axeitadamente salgada, cunha concentración salina semellante á da auga mariña (é dicir uns 36 gramos de sal por litro de auga). Mentres se prepara a pescada faise unha allada, mollo que se prepara frixindo allos na tixola cun chisco de aceite de oliva até ficaren dourados, ao final engádesele un pouco de pemento en po. A allada sérvese deitándoa sobre o peixe xa no prato.

Notas editar

  1. Dionisio Pérez, (1929), «Guia del buen comer español», ed Maxtor, p-253
  2. Antonio D. Olano, (1975) Guía secreta de Madrid, Primera Edición ,Página 268