Pero Viviaez

Trobador do século XIII


Pero Viviaez foi un trobador galego do século XIII, autor de composicións da lírica galego-portuguesa.[1][2]

Infotaula de personaPero Viviaez
Biografía
Nacementoséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Na documentación do século XIII, identificáronse a dúas persoas con ese nome: Un nobre chamado Pero Viviaez de Queirugás, procedente dun lugar próximo a Verín, e un burgués de Caldelas.[3] Puido estar relacionado coa corte de Afonso X.[4]

Obra editar

Consérvanse nove obras, catro cantigas de amor e cinco cantigas de escarnio e maldicir, das cales, tres son de dubidosa autoría.[5] Nas cantigas de amor, pertence ao grupo de trobadores que anuncia que vai desvelar a personalidade da súa amada para, posteriormente, evitar facelo mediante o uso de tópicos e enigmas.[6]

Notas editar

  1. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17. 
  2. González Seoane, Ernesto; Álvarez de la Granja, María; Boullón Agrelo, Ana Isabel (2006). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Dicionario de dicionarios do galego medieval. España. p. 144. ISBN 9788497507738. 
  3. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-07-17. 
  4. Galicia: Literatura : La Edad Media (en castelán). Hércules de Ediciones. 2006*. Consultado o 2021-07-24. 
  5. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17. 
  6. Beltrán, Vicenç (2007). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Poética, poesía y sociedad en la lírica medieval (en castelán). España. p. 72. ISBN 9788497508100.