Período Kamakura
Paleolítico
Jomon
Yayoi
Período Yamato
---Período Kofun
---Período Asuka
Período Nara
Período Heian
Período Kamakura
Período Muromachi
Período Azuchi-Momoyama
---Período Nanban
Período Edo
Período Meiji
Período Taisho
Período Showa
---Expansionismo xaponés
---Ocupación xaponesa
---Post-ocupación xaponesa
Heisei
O período Kamakura (鎌倉時代, かまくらじだい, Kamakura jidai) iniciase trala derrota do clan Taira (平) polos Minamoto (源) na guerra de Gen-Pei (源平), o período coñecido como "Kamakura", o primeiro dos tres grandes períodos do xogunato xaponés (将軍, xogún = xeneral). Este xogunato Kamakura durou de 1185 ata 1333. O emperador asume función decorativa (en Kyoto), cabendo ao xogún toda a administración do país, baseado nun sistema feudal, coa capital na cidade de Kamakura. En 1192, o xogún Minamoto no Yoritomo é nomeado polo emperador "seii-taixogún" (征夷大将軍, xeneralísimo combatente dos bárbaros) e os seus descendentes serían alzados ao posto de xogún, nun réxime coñecido como bakufu (幕府, goberno da tenda). A partir dese período, todos os xogún son considerados descendentes dos príncipes do clan Minamoto, fillos do emperador Seiwa, sendo título hereditario.
A Era Kamakura, liderada por samurais, caracterizouse polo xurdimento de novas tendencias relixiosas e polas intensa busca de apoio espiritual, levando o budismo ao pobo. Ata a Era Heian (794~1192), esa forma de relixión era practicada case que exclusivamente polos nobres. Coa popularización da crenza budista xurdiron varias seitas denominadas "Novo Budismo de Kamakura".
A aparición de novas seitas foi impulsado pola idea de fin do mundo (末法思想, mappō shisō) que se espallou a fins da Era Heian, provocada pola inestabilidade social – consecuencia da guerra entre os clans Taira e Minamoto –, a miseria e as calamidades.
Os monxes Eisai (1141~1215) e Dōgen (1200~1253) estudaron na China (Dinastía Sung) a seita zen, que prega a meditación para acadar o nirvana e, cando volveron ao Xapón, fundaron respectivamente as seitas Rinzai-shū e Sōtō-shū.
Shinran (1173~1262), discípulo do monxe Hōnen (1133~1212), fundou a seita Jōdo-shin-shū e, na época do ataque dos mongois, o monxe Nichiren (1222~1282) fundou a seita Nichiren-shū, que pregaba pola salvación da alma e do país.
Todas esas novas seitas teñen en común a simplicidade e a ausencia de práctica ascética rigorosa, facendo posible para calquera persoa o seu exercicio.
Goberno do shogunato de Kamakura
editarShogun
editar- 1º Minamoto no Yoritomo (源頼朝, みなもとのよりとも, 1192 - 1199, Clan Minamoto)
- 2º Minamoto no Yoriie (源頼家, みなもとのよりいえ, 1202 - 1203, Clan Minamoto)
- 3º Minamoto no Sanetomo (源実朝, みなもとのさねとも, 1203 - 1219, Clan Minamoto)
- 4º Fujiwara no Yoritsune (藤原頼経, ふじわらのよりつね, 1226 - 1244, Clan Fujiwara)
- 5º Fujiwara no Yoritsugu (藤原頼嗣, ふじわらのよりつぐ, 1244 - 1252, Clan Fujiwara)
- 6º Príncipe Munetaka (宗尊親王, むねたかしんのう, 1252 - 1266, Familia do emperador)
- 7º Príncipe Koreyasu (惟康親王, これやすしんのう, 1266 - 1289, Familia do emperador)
- 8º Príncipe Hisaakira (久明親王, ひさあきらしんのう, 1289 - 1308, Familia do emperador)
- 9º Príncipe Morikuni (守邦親王, もりくにしんのう, 1308 - 1333, Familia do emperador)