Penetralia é o primeiro álbum de estudio da banda sueca de death metal Hypocrisy, publicado o 5 de outubro de 1992 a través do selo Nuclear Blast. Este é o primeiro de dous álbum co vocalista Masse Broberg, que despois sería despedido e encargándose o guitarrista Peter Tägtgren das voces. As letras non se centran no paranormal e na ciencia ficción como si o fan en posteriores traballos, centrándose no seu lugar en temática death metal máis "tradicional" como satanismo e anticristianismo. Realizáronse dous vídeos musicais para os temas "Impotent God" e "Left to Rot".[1] Posteriormente o álbum foi remasterizado e reeditado xunto co seu segundo traballo, Osculum Obscenum, no ano 2013.
Listaxe de cancións
editar
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Impotent God" |
3:45 |
2. |
"Suffering Souls" |
3:25 |
3. |
"Nightmare" |
4:27 |
4. |
"Jesus Fall" |
3:25 |
5. |
"God Is a Lie" (titulado "God Is a..." na contraportada da impresión orixinal) |
2:56 |
6. |
"Left to Rot" |
3:32 |
7. |
"Burn by the Cross" |
4:45 |
8. |
"To Escape Is to Die" |
3:52 |
9. |
"Take the Throne" |
5:18 |
10. |
"Penetralia" |
6:32 |
41:57 |