Penbryn é unha comunidade do condado de Ceredigion en Gales. A poboación, de 1270 habitantes[1] segundo o censo de 2011, distribúese nas localidades de Penbryn, Tre-saith, Brynhoffnant, Glynarthen, Sarnau e Than-y-groes. A competencia no uso da lingua galesa está por riba da media galesa, cun 49,7% que afirman poder falalo[2]. Entre as localidades de Penbryn e Tre-saith localízase a Pedra Corbalengi, unha gran pedra chantada no chan que data do século VI e que leva a inscrición CORBALENGI IACIT ORDOVS,(Aquí xace Corbalengi o ordovicio)[3]. A praia de Penbryn é propiedade do National Trust e é famosa por aparecer no filme de James Bond, Die Another Day[4]