Pedro Vera
Pedro Vera, nado en San Pedro del Pinatar, Murcia, en 1967, é un debuxante español de banda deseñada.
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 ![]() San Pedro del Pinatar, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | artista de banda deseñada ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Páxina web | pedroveraoyp.blogspot.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEn 1993 recibiu o premio ó mellor guión no Concurso Murcia Joven, e en 1994 gañou o Concurso de Cómic Ciutat de Cornellà. Foi fundador da revista murciana El Tío Saín, e colaborou tamén en publicacións españolas da época: “La Comictiva”, “Kovalsky Fly”, “Annabel Lee” e "Subterfuge" (Subterfuge Records).
Pedro Vera foi nomeado a “Autor revelación” no Salón del Cómic de Barcelona. En 1996 volveu gañar no Concurso Murcia Joven e comezou a publicar a súa serie “Ortega y Pacheco” no xornal La Opinión de Murcia. Un ano despois colaborou na revista “Ruta 66” e continuou facendo historietas para “El Tío Saín”, creando para esta a Nick Platino.
Desde 1998 debuxa para El jueves corrosivas páxinas, normalmente protagonizadas polas súas dúas creacións máis populares: Nick Platino e Ortega y Pacheco.
Tamén participou en numerosas charlas e exposicións, realizou carteis, portadas de discos (pack de “Los Reyes del crimen” para Manga Films) etc.
O seu estilo é o debuxo en branco e negro e trazo gordo, e ás veces inclúe montaxes entre fotos e debuxos. Na súa labor exorciza a sociedade actual, co telelixo nun lugar desatacado, a golpe de gag iconoclasta e surrealista.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- O cómic en Murcia: Pedro Vera (en castelán)
- Entrevista a Pedro Vera: na realidade tan besta como nos seus cómics (en castelán)