Pedro Seguín
Pedro Seguín foi un bispo galego que dirixiu a Diocese católica latina de Ourense entre os anos 1157 e 1169. Naceu na aldea de Paradela de Abeleda, anexo da parroquia de San Lourenzo de Abeleda, no concello de Porqueira, segundo conta Juan Muñoz de la Cueva, na súa obra Noticias históricas de la Santa Iglesia Cathedral de Orense.
Pedro Seguín | |
---|---|
Nacemento | 1157 |
Falecemento | 1169 |
Ocupación | sacerdote |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Foi confesor de Afonso VII e de Fernando II de León e Galicia. Fundou o convento cisterciense de San Miguel de Bóveda e a colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Muñoz de la Cueva, Juan (1727). Noticias historicas de la Santa Iglesia Cathedral de Orense pp. 147-148 (en castelán).
Outros artigosEditar
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Martiño |
Bispo de Ourense 1157 - 1169 |
Sucesor: Adán |