Pedro Pastor

cantante español

Pedro Pastor Guerra, nado en Madrid o 18 de novembro de 1994, é un cantautor español independente. Son especialmente coñecidas as súas letras de contido social, comprometido e crítico, expresadas mediante a fusión da canción de autor co folk ou o hip hop, entre outros estilos.[1]

Modelo:BiografíaPedro Pastor

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFolk, Rap, hip hop, Ska, Pop
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Facebook: pedropastorg Twitter: pedropastorg Instagram: pedropastorguerra Last fm: Pedro+Pastor Musicbrainz: ef63dda9-b3b3-4323-b573-7c7a4394de6e Discogs: 7422060 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Pertence a unha familia ligada ao mundo da música. O seu pai é o cantautor Luis Pastor e a súa nai, Lourdes Guerra, irmá de Pedro Guerra.[2] O ambiente familiar inculcoulle o amor pola música dende a infancia. Tomou contacto con diferentes instrumentos, entre eles o piano, e comezou a tocar a guitarra con 12 anos.[3] Pouco despois compuxo as súas primeiras cancións e comezou a participar nos concertos do seu pai, en que distribuía as súas primeiras maquetas caseiras.[4] Con 15 anos ofreceu o seu primeiro concerto en solitario, cun repertorio de composicións propias.[5]

En 2010 coñeceu os irmáns Andrés e Suso Sudón e comezou a tocar habitualmente en salas como Libertad 8 en Madrid.[6]

En 2012 saíu á luz o EP Aunque esté mal contarlo, gravado en formato acústico de voz, guitarra, baixo e violín. O traballo inclúe 6 temas de mensaxe comprometida e crítica, conforme o espírito inconformista do cantautor. Con este repertorio realizou a súa primeira xira por diversas cidades españolas.[7]

En 2014 publicou La vida plena, o seu primeiro disco.[8] O traballo foi autoeditado e distribuído de maneira independente, no seu afán de conectar directamente co público. La vida plena define a personalidade creadora de Pastor, con temas sobre as vivencias e ideais do ser humano e un alto contido social e político de transfondo.[9][10] O traballo inclúe os temas La vida plena, Verde Selva e Mi anarquía. O álbum foi presentado ese outubro na sala Galileo Galilei de Madrid. Con este traballo realiza unha xira por España e América Latina.[11]

En 2016 publicou Solo los locos viven la libertad, en colaboración co músico e poeta Suso Sudón. O traballo, composto por 11 temas de autoría compartida (salvo El tiempo está después, de Fernando Cabrera), gravouse en directo no Museu Bar L’Oncle Jack de Barcelona. O álbum reúne música e poesía nun estilo que eles mesmos denominan poecanciones.[12]

En 2017 autoeditou o seu segundo disco, SoloLuna.[13] O álbum, con sons coma o folk latinoamericano, a música africana e o ska, inclúe un dúo co seu pai, Luis Pastor, titulado Centro.[14] Con este traballo realiza unha xira por España, a Arxentina, Colombia e Chile, co seu grupo Los Locos Descalzos.[15]

En 2019 publica xunto a Los Locos Descalzos o seu terceiro álbum de estudio, Vulnerables. Conta coas colaboracións de Perotá Chingó, El Caribefunk, Fetén Fetén e Suso Sudón. O tema Desnudémonos aparece como primeiro single deste traballo.

Discografía

editar
  • Aunque esté mal contarlo (EP) (2012)
  • La vida plena (2014)
  • Solo los locos viven en la libertad (2016) (con Suso Sudón)
  • SoloLuna (2017)
  • Vulnerables (2019) (con Los Locos Descalzos)
  • vVueltas (2021) (con Los Locos Descalzos)
  1. Pedro Pastor: "Compongo canciones en búsqueda de la verdad" Arquivado 16 de xuño de 2022 en Wayback Machine. Cadena Ser. 26 de febreiro de 2017
  2. Luis y Pedro Pastor: "Han privatizado hasta la expresión más natural del arte, la música" 20 Minutos. 10 de xuño de 2016
  3. El cantautor Pedro Pastor y su 'Vida Plena' Granada Hoy. 28 de marzo de 2015
  4. Pedro Pastor, hijo de Luis Pastor, debuta como "cantautor" del siglo XXI La Vanguardia. 8 de outubro de 2014
  5. Pedro Pastor: "Aprendí el oficio en casa y tuve medios para hacerlo bien" Hoy. 30 de marzo de 2017
  6. Pedro Pastor: “Creo en el deber del cantautor para unir las voces críticas del pueblo” C'mon. 22 de xullo de 2013
  7. Pedro Pastor inicia hoy en Tenerife su primera gira Arquivado 29 de setembro de 2018 en Wayback Machine. El Día. 12 de xaneiro de 2013
  8. La aventura del saber: Pedro Pastor RTVE. 31 de outubro de 2014
  9. Pedro Pastor en La Frontera Público. 22 de marzo de 2018
  10. La poesía (y el arte) de los cantautores El Mundo. 2 de xuño de 2016
  11. Pedro Pastor presenta su primer disco La vida plena Diariofolk. 9 de outubro de 2014
  12. Pedro Pastor y Suso Sudón: "Es necesario el mestizaje musical" Página 12. 10 de febreiro de 2018
  13. Pedro Pastor: «Hay que cuestionarlo todo» El Diario Vasco. 24 de marzo de 2017
  14. Pedro Pastor continúa la tradición familiar con Los Locos Descalzos La Opinión de Murcia. 19 de maio de 2018
  15. Pedro Pastor viaja por todo el mundo en SoloLuna, su nuevo disco Arquivado 29 de setembro de 2018 en Wayback Machine. 100x100 Música. 30 de marzo de 2017

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Pastor, Luis (2017). ¿Qué fue de los cantautores?. Nórdica. 

Ligazóns externas

editar