Pedro Grela Viqueira

político español

Pedro Grela Viqueira, nado en Malpica de Bergantiños en 1889, foi un político galego.

Infotaula de personaPedro Grela Viqueira
Biografía
Nacemento1889 Editar o valor em Wikidata (134/135 anos)
Malpica de Bergantiños, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Mariano Grela Fernández, industrial salgador. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Malpica de Bergantiños. Foi destituído polo gobernador civil o 30 de xuño de 1937, e ao mesmo tempo foron suspendidos o secretario da corporación Ramón Astray Labarda, dous oficiais do concello e o secretario do Pósito de Pescadores Juan Ignacio Delgado Criado.[1] Foi sancionado cunha multa de 5000 pesetas e o confinamento durante seis meses en Medina de Rioseco xunto co seu pai Mariano Grela. Volveu ser investigado en abril de 1938. En 1942 foi sancionado pola Fiscalía de Taxas por ocultación de aceite.[2]


Predecesor:
Constantino Longueira Morales
  
Alcalde de Malpica de Bergantiños
 
1936 - 1937
Sucesor:
José Pombo Garrido

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 1-7-1937, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 7-6-1942, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar