Pedro Armas
Pedro Ramón Armas Diéguez, nado en 1959 en São Paulo, é un xeógrafo, profesor universitario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1990 (33/34 anos) São Paulo, Brasil |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo, profesor universitario, político |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha familia galega emigrada no Brasil que ao pouco regresou a Galicia, establecéndose na Coruña. Licenciouse en xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela e é profesor de humanidades na Universidade da Coruña e asemade é dende 2009 vicepresidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia. Militou no PSdeG e foi director da Alta Inspección de Educación do Estado na Delegación do Goberno e delegado provincial de Educación (2005-2009). Dentro do partido foi vicesecretario da agrupación local socialista da Coruña [1] e membro da executiva do PSdeG dende 2013 [2] ata que deixou o partido, incorporándose ao pouco tempo a Podemos [3]. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura de Alternativa dos Veciños ao concello da Coruña.
Obra
editar- La organización del espacio lucense, (1990). Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. ISBN 84-86824-77-X
Notas
editar- ↑ "Pedro Armas abandona la Ejecutiva local por discrepancias con la estrategia de Barcón". La Opinión A Coruña, 19 de xuño de 2014
- ↑ "Quen é quen na Executiva de Besteiro" Galicia Confidencial, 30 de setembro de 2013
- ↑ "El ex número dos del PSOE coruñés se incorpora a Podemos para contribuir a "cambiar las cosas"". La Opinión A Coruña, 10 de agosto de 2015