Pedro Acacio Sandoval
Pedro Acacio Sandoval, nado en Villarrobledo (provincia de Albacete) en 1870 e finado na mesma localidade o 28 de xullo de 1936, foi un político español. Pertencía a unha das familias acomodadas desa localidade. Casou con Mery de la Peña Acacio, foi propietario do Diario de Albacete, deputado agrario en 1933 e posteriormente deputado da CEDA.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1870 Villarrobledo, España |
Morte | 28 de xullo de 1936 (66 anos) Villarrobledo, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Confederación Española de Derechas Autónomas 4 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Albacete (en) | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Agrario Español 26 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Albacete (en) | |
Q42764631 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , propietario |
Partido político | Confederación Española de Derechas Autónomas |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarDurante o seu primeiro período de actividade política foi monárquico conservador, presidindo a Deputación de Albacete entre o 4 de maio de 1915 e o 1 de maio de 1917.
O 29 de xaneiro de 1931 tomou posesión como concelleiro de Villarrobledo, localidade da que chegou a ser alcalde. Coa chegada da II República presentouse a deputado nas Cortes como agrario independente, non resultando elixido. Porén, en 1933 conseguiu un escano logo de presentar a súa candidatura pola Unión Agraria Provincial. Nas eleccións de 1936 foi reelixido como candidato de CEDA xunto a Antonio Bernabeu Yeste, de Acción Popular, e Mateo Sánchez Rovira, do Partido Agrario, dentro da candidatura do Centro Dereita.
Finou asasinado na Guerra Civil, sendo fusilado no camposanto de Villarrobledo a noite do 27 ao 28 de xullo de 1936.