O pazo de Ron, coñecido tamén como pazo de Monteserín, é un pazo edificado no centro do concello de Pezós pola familia Ron, que chegou a ter gran poder e relevancia no occidente de Asturias. É un grande edificio formado por catro ás ao redor dun patio central. Unha das fachadas, coñecida como a traseira, está flanqueada por torres cadradas.

Pazo de Ron
ConcelloPezós
ProvinciaAsturias
ComunidadeAsturias
Coordenadas43°16′12″N 6°54′54″O / 43.269912039199, -6.9148771413723Coordenadas: 43°16′12″N 6°54′54″O / 43.269912039199, -6.9148771413723
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalséculo XVII (orixe)
Estilo actualséculo XVIII (fachada de 1909)
Estado actualEn bo estado
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A casa señorial data dos séculos XVII e XVIII e foi propiedade de Álvaro Díaz, gobernador de Asturias baixo o reinado de Fernando VII. En 1900 pasou a Manuel Monteserín[1], un indiano que volvera de Cuba e entre outros cambios en 1909 procedeuse á reforma e alteración da fachada orixinal, estruturada en dous andares separados por imposta, con fiestras no baixo e balcóns voados, con peitoril forxado, no andar superior. A porta, no centro, é de arco escarzano.

Características editar

De planta cadrada, presenta un patio central, rodeado de columnas derivadas das toscanas que sustentan un corredor de madeira acristalado, ao que se abren os cuartos[2]. A capela, de planta rectangular, estaba unida ao pazo pero nunha reforma de 1911 separouse deste, conta cunha pequena espadana. Dentro da casa hai unha talla da Virxe da lágrima do século XII.

Na leira do pazo localízase unha torre cadrada medieval (Torre de Pezós, do século XII), que tiña unha finalidade defensiva, de 9 m de altura e 1,60 m de groso. A localidade de Ron sitúase a poucos quilómetros, pero xa no concello de San Martín de Oscos.

Notas editar

  1. "El Palacio de Ron, uno de los espacios más espectaculares de Pesoz". RTPA. 
  2. García Quirós, Rosa María e González Lafita, Pilar (1981). "Zona occidental". Liño: Revista anual de historia del arte (2): 134.