Pavillón do Gatañal
O pavillón do Gatañal é un espazo polideportivo situado na parroquia de Darbo (Cangas), que serve de feudo ao BM Cangas, equipo de balonmán que na tempada 2016-17 compite na Liga ASOBAL.
O Gatañal | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Vista xeral | ||||
Tipo | pavillón deportivo e estadio ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Cangas ![]() | |||
Localización | Darbo (Cangas) | |||
Datas | ||||
Inauguración | 1993 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 2.500 espectadores | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | BM Cangas do Morrazo ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | balonmán ![]() | |||
Localía | BM Cangas (balonmán) | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarAs instalacións do Gatañal foron construídas en 1993, principalmente para a práctica do balonmán. Dende entón leváronse a cabo diversas reformas, como adaptar a pista de xogo a parqué e, posteriormente, a vinilo para adaptarse ás esixencias da RFEM[1]. Conta con capacidade para preto de 2.500 persoas[2] sentadas, contando as normalmente usadas bancadas supletorias. Esta capacidade pode chegar ata as 3000 persoas contando as prazas de pé, usadas con frecuencia nos partidos de ASOBAL. Conta ademais de ximnasio, sala de prensa e as instalacións dos clubs locais.
Actualmente o pavillón e usado para o equipo de ASOBAL Frigoríficos do Morrazo - Balonmán Cangas, sendo a súa afluencia habitual entre 1.500 (en partidos en días laborais) e 2.000 (nos partidos habituais da fin de semana), superándose estas cifras en partidos especiais, como os xogados contra o FC. Barcelona, nas competicións europeas, nos derbis e nas fases de ascenso. Tamén é usado polo seu filial, o Luceros, as categorías inferiores de ambos equipos e, nalgunha ocasión, para partidos da selección española de balonmán[3]. Fora do balonmán tamén tivo seu uso para outras competicións deportivas, como de baile ou taekwondo.
Galería de imaxes
editar-
Pavillón do Gatañal
-
Pavillón do Gatañal
-
Os xogadores do Cangas no partido que xogaron no Gatañal ante o Granollers en 2013 (31-35).
-
Frigoríficos do Morrazo e Teucro no Gatañal, 2019
Notas
editar- ↑ "Las obras de la cubierta del pabellón de Gatañal arrancan en una semana". Faro de Vigo. Consultado o 22-2-2016.
- ↑ "Liga ASOBAL de Balonmano". asobal.es. Consultado o 22-2-2016.
- ↑ "La selección española regresa a Cangas". Faro de Vigo. Consultado o 22-2-2016.