Paul Erdős
Paul Erdős (húngaro: Erdős Pál [ɛrdøːʃ ˈpaːl], nado en Budapest o 26 de marzo de 1913[2] e finado en Varsovia o 20 de setembro de 1996 foi un matemático húngaro, considerado un dos máis prolíficos do século XX.[3] Foi coñecido tanto pola súa práctica social das matemáticas (tivo máis de 500 colaboradores) e como pola súa excéntrica vida (a revista Time describiuno como o excéntrico dos excéntricos).[4]
Paul Erdős | |
---|---|
![]() Erdős en Budapest, 1992. | |
Datos persoais | |
Nacemento | 26 de marzo de 1913 |
Lugar | Budapest, Imperio Austro-Húngaro |
Falecemento | (20 de setembro de 1996 (83 anos) |
Lugar | Varsovia ![]() |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Cemitério judaico da Rua Kozma |
Nacionalidade | Húngaro |
Etnia | Asquenací |
Actividade | |
Campo | Matemática |
Alma máter | Universidade Eötvös Loránd |
Director de tese | Lipót Fejér |
Alumnos de tese | Bonifac Donat Joseph Kruskal George B. Purdy Alexander Soifer Béla Bollobás[1] |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | constante de Copeland–Erdős, Cameron–Erdős conjecture, De Bruijn–Erdős theorem, Davenport–Erdős theorem, constante de Erdős-Borwein, número de Erdős–Woods, conjectura de Erdős–Straus, Teorema de Erdős–Kac, teorema de Erdős-Szekeres, Modelo de Erdős-Rényi, conjectura de Erdős, Erdős–Graham problem, Erdős–Mordell inequality, Problema de Erdős das distâncias distintas, Erdős–Gyárfás conjecture, Teorema de Erdős–Fuchs, Erdős–Szemerédi theorem, número de Erdős–Nicolas, equação de Erdős-Moser, Erdős–Burr conjecture, teorema de Erdős–Ko–Rado, cardinal de Erdős, Teorema de Erdős–Anning, De Bruijn–Erdős theorem, problema de Erdős-Ulam, grafo de Erdős–Diophantine, teorema de Erdős–Rado, Teorema de Erdős–Tetali, Erdős–Stone theorem, Erdős–Pósa theorem, Erdős–Gallai theorem, Erdős–Nagy theorem, Erdős arcsine law, Erdős–Kaplansky theorem, Erdős theorem, Erdős–Faber–Lovász conjecture, Conjectura de Erdős–Turán para bases aditivas, Teorema de Erdős–Wintner e desigualdade de Chung–Erdős |
Premios | Wolf Prize (1983/84) AMS Cole Prize (1951) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Erdős naceu en 1913 e foi o único fillo sobrevivente de Anna e Lajos Erdős (antes Engländer).[5] Os seus pais eran profesores de matemáticas xudeus e formaban parte dunha intensa comunidade intelectual. A fascinación de Erdos polas matemáticas iniciouse moi cedo[6] e en 1934, con vinte e un anos, recibiu un doutoramento da universidade.
Moita da familia de Erdos, incluíndo o seu pai, dúas das súas tías e dous dos seus tíos, faleceron en Budapest durante o Holocausto. A súa nai sobreviviu agochada e el vivía en América, traballando no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.[7]
O 20 de setembro de 1996, aos 83 anos, sufriu un infarto de miocardio e morreu mentres asistía a unha conferencia en Varsovia. Está enterrado xunto á súa nai na tumba 17A-6-29 no cemiterio da rúa Kozma en Budapest.[8]
CarreiraEditar
En 1934 mudouse a Manchester como profesor invitado e en 1938 aceptou un posto na Universidade de Princeton. Nese tempo desenvolveu o costume de viaxar de campus a campus. En 1952 o servizo de inmigración dos Estados Unidos denegoulle un visado de reentrada no país por razóns que non foron explicadas. [9]
A pesar de que Hungría formaba parte do Pacto de Varsovia e tiña limitada a liberdade dos seus cidadáns para entrar e saír do país, Erdős recibiu o privilexio de poder marchar e volver en 1956. En 1963 os Estados Unidos proporcionáronlle o visado e Erdős volveu incluír as universidades dese país nas súas viaxes. Erdős abandonou voluntariamente Hungría en 1973.[10]
Obra matemáticaEditar
Erdős foi un dos autores máis prolíficos das matemáticas, cunha obra só comparable á de Leonhard Euler; Erdős publicou máis artigos, sobre todo en colaboración con outros matemáticso, mentres que Euler publicou máis páxinas, a maioría obra propia.[11] Erdős escribiu 1525 artigos matemáticos na súa vida.[12]
O seu estilo foi máis un "solucionador de problemas" que un "desenvolvedor de teorías".[13] Segundo Joel Spencer "o seu lugar no panteón matemático do século XX é motivo de controversia porque se concentrou firmemente en certos teoremas e conxecturas ao longo da súa ilustre carreira".[14] Erdős nunca gañou a medalla Fields nin escribiu con ninguén que a gañase.[15]
Entre as súas contribucións destacan o desenvolvemento da teoría de Ramsey e a aplicación do método probabilístico. Erdős atopou unha proba para o postulado de Bertrand e descubriu a primeira proba elemental para o teorema do número primo con Atle Selberg. Porén, as circunstancias que conduciron ás demostracións foron motivo de disputa entre Erdős e Selberg.[16] Erdős tamén contribuíu en campos nos que tiña pouco interese como a topoloxía, dando o primeiro exemplo de espazo totalmente inconexo que non é cero-dimensional.[17]
Os problemas de ErdősEditar
Durante a súa carreira, Erdős ofreceu cartos para as demostracións de problemas con solución descoñecida.[18] A cantidade ía dende os 25 dólares a varios milleiros. Considérase que hai uns miles sen pagar, aínda que non hai unha lista oficial. A oferta permanece activa a pesar da morte de Erdős, e ten a Ronald Graham como o administrador informal.[19] O problema máis coñecido é a conxectura de Collatz ou problema 3N + 1, para o que ofreceu 500 dólares.
Número de ErdősEditar
Debido a que era un autor tan prolífico, os seus amigos crearon o número de Erdős como homenaxe. Un número de Erdős indica o grao de separación con Erdős baseado na súa colaboración con el ou con alguén que teña un número de Erdős. Hai aproximadamente 200000 matemáticos con número.[20] Debido ás súas colaboracións con matemáticos, moitos científicos doutros campos, como a física, a enxeñería, a bioloxía e a economía tamén teñen número de Erdős.[21] Mesmo o xogador de béisbol Hank Aaron pode considerarse que ten un número de Erdős de 1 porque ambos os dous autografaron a mesma bóla cando a Universidade de Emory lles concedeu un grao honorario o mesmo día.[22]
NotasEditar
- ↑ "Mathematics Genealogy Project". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2020. Consultado o 13 Aug 2012.
- ↑ "Erdos biography". Gap-system.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 2010-05-29.
- ↑ Hoffman, Paul (8 de xullo de 2013). "Paul Erdős". Encyclopedia Britannica.
- ↑ Michael D. Lemonick (March 29, 1999). "Paul Erdos: The Oddball's Oddball". Time Magazine. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2011. Consultado o 07 de maio de 2016.
- ↑ Baker, A.; Bollobas, B. (1999). "Paul Erdős 26 March 1913 -- 20 September 1996: Elected For.Mem.R.S. 1989". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 45: 147. doi:10.1098/rsbm.1999.0011.
- ↑ Hoffman, p. 66.
- ↑ Csicsery, George Paul (2005). N Is a Number: A Portrait of Paul Erdős. Berlin; Heidelberg: Springer Verlag. ISBN 3-540-22469-6.
- ↑ "grave 17A-6-29". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 07 de maio de 2016.
- ↑ "Erdos biography". School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Scotland. January 2000. Consultado o 2008-11-11.
- ↑ László Babai and Joel Spencer. "Paul Erdős (1913–1996)" (PDF). Notices of the American Mathematical Society (American Mathematical Society) 45 (1).
- ↑ Hoffman, p. 42.
- ↑ Jerry Grossman. "Publications of Paul Erdös". Consultado o 1 Feb 2011.
- ↑ Mathematics: Frontiers and Perspectives, Edited by V. I. Arnold, Michael Atiyah, Peter D. Lax and Barry Mazur, American Mathematical Society, 2000. Available online at [1].
- ↑ Joel Spencer, "Prove and Conjecture!", a review of Mathematics: Frontiers and Perspectives. American Scientist, Volume 88, No. 6 November–December 2000
- ↑ Paths to Erdös — The Erdös Number Project
- ↑ Goldfeld, Dorian (2003). "The Elementary Proof of the Prime Number Theorem: an Historical Perspective". Number Theory: New York Seminar: 179–192.
- ↑ Melvin Henriksen. "Reminiscences of Paul Erdös (1913–1996)". Mathematical Association of America. Consultado o 2008-09-01.
- ↑ "Math genius left unclaimed sum". edmontonjournal (en inglés). Consultado o 2022-04-25.
- ↑ Charles Seife (5 April 2002). "Erdös's Hard-to-Win Prizes Still Draw Bounty Hunters". Science 296 (5565): 39–40. PMID 11935003. doi:10.1126/science.296.5565.39.
- ↑ "From Benford to Erdös". Radio Lab. Episodio 2009-10-09. 2009-09-30. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2010. Consultado o 07 de maio de 2016.
- ↑ Jerry Grossman. "Some Famous People with Finite Erdös Numbers". Consultado o 1 Feb 2011.
- ↑ Jerry Grossman. "Items of Interest Related to Erdös Numbers". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 07 de maio de 2016.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Erdős |
BibliografíaEditar
- Aigner, Martin; Günther Ziegler (2003). Proofs from THE BOOK. Berlin; New York: Springer. ISBN 3-540-40460-0.
- Hoffman, Paul (1998). The Man Who Loved Only Numbers: The Story of Paul Erdős and the Search for Mathematical Truth. London: Fourth Estate Ltd. ISBN 1-85702-811-2.
- Kolata, Gina (1996-09-24). "Paul Erdos, 83, a Wayfarer In Math's Vanguard, Is Dead". New York Times. pp. A1 and B8. Consultado o 2008-09-29.
- Bruce Schechter (1998). My Brain is Open: The Mathematical Journeys of Paul Erdős. Simon & Schuster. ISBN 0-684-84635-7.
Ligazóns externasEditar
- Erdős's Google Scholar profile
- Searchable collection of (almost) all papers of Erdős
- Jerry Grossman at Oakland University. The Erdös Number Project
- The Man Who Loved Only Numbers - Royal Society Public Lecture by Paul Hoffman (vídeo)
- Radiolab: Numbers, with a story on Paul Erdős Arquivado 28 de setembro de 2009 en Wayback Machine.
- Fan Chung, "Open problems of Paul Erdős in graph theory"