Paul-Marie François Rousset

Paul-Marie François Rousset, nado o 27 de agosto de 1921 en Grièges (Francia) e finado o 9 de xaneiro de 2016 en Bourg-en-Bresse (Francia), foi un relixioso católico latino, primeiro bispo de Saint-Étienne entre 1971 e 1987.

Modelo:BiografíaPaul-Marie François Rousset

(2011) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Paul-Marie Rousset Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Paul Marie François Rousset Editar o valor en Wikidata
27 de agosto de 1921 Editar o valor en Wikidata
Grièges, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 2016 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Péronnas, Francia Editar o valor en Wikidata
Bispo diocesano
23 de febreiro de 1971 – 28 de setembro de 1987
Bispo titular
24 de xaneiro de 1966 –
Diocese: Utimma (en) Traducir
Bispo auxiliar
24 de xaneiro de 1966 –
Diocese: Arquidiocese de Lyon (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónCatholic University of Lyon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1966–), sacerdote católico (1945–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónRené Fourrey (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu o 27 de agosto de 1921 en Grièges,[1][2][3] un pequeno concello do departamento do Ain, na rexión histórica da Bresse. Educado nunha familia cristiá de oito irmáns, dende novo tivo desexos de ser sacerdote, e en 1932 entrou no seminario menor de Meximieux e posteriormente no seminario maior de Belley;[1][3] atraído pola espiritualidade de Antoine Chevrier entrou no Instituto do Prado en Lión, cidade na que completou a súa formación teolóxica na Universidade Católica de Lión.[1][3] Foi ordenado sacerdote o 23 de febreiro de 1945 en Bourg-en-Bresse polo bispo Amédée Maisonobe,[3] e foi profesor no seminario menor e, dende 1958, vigairo xeral da diocese de Belley.[1][2][3] Foi tamén a partir de 1954 esmoleiro da JAC.[4][3]

O 24 de xaneiro de 1966 foi nomeado polo papa Paulo VI bispo auxiliar de Lión e bispo titular de Utimma, con residencia en Saint-Étienne.[1][2][3] Recibiu a consagración episcopal en Ars o 6 de marzo do mesmo ano, de mans do bispo de Belley René-Fernand-Eugène Fourrey, e tivo co-consagrantes principais ao arcebispo coadxutor de Bordeos Marius-Félix-Antoine Maziers e ao bispo auxiliar de Lión Alfred-Jean-Félix Ancel.[2][3]

O 23 de febreiro de 1971 foi nomeado por Paulo VI bispo da nova diocese de Saint-Étienne.[1][3] Como bispo, foi quen elixiu como catedral a igrexa de San Carlos de Saint-Étienne.[5] Renunciou por motivos de saúde o 28 de setembro de 1987 ao goberno da diocese.[1][3]

Logo do final do seu pontificado, exerceu como simple párroco en diferentes localidades (Ferney-Voltaire, Saint-Jean-de-Gonville, Thoiry, Collonges...) até os 75 anos, cando se retirou á súa diocese natal.[1][3] Finou o 9 de xaneiro de 2016 en Bourg-en-Bresse, onde vivira os últimos meses. Foi enterrado na catedral de San Carlos de Saint-Étienne.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Conferencia dos Bispos de Francia, ed. (11 de xaneiro de 2016). "Décès de Mgr Paul-Marie ROUSSET, évêque émérite de Saint-Étienne". Église catholique en France (en francés). Consultado o 16/03/2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Jomand, Joseph. La longue marche vers le diocèse de Saint-Étienne: 1856-1971 (en francés). FeniXX. p. 129. ISBN 9782402263863. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 "Adieu à Monseigneur Paul-Marie Rousset, évêque de Saint-Etienne". Le Progrès (en francés). 14 de xaneiro de 2016. Consultado o 20/08/2019. 
  4. Fédou, René; Hours, Henri (1983). Le Diocèse de Lyon. Editions Beauchesne. p. 303. ISBN 9782701010663. 
  5. Soleil, Christian (2017). Saint-Etienne: retour a la beauté. Editions Publibook. p. 39. ISBN 9782342156508.