Patrimonio da Humanidade no Sudán

artigo de listas da Wikimedia
Localización dos sitios de Sudan na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade no Sudán, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. O Sudán aceptou a convención o 6 de xuño de 1974, polo que os seus sitios históricos poden ser incluídos na lista. A partir de 2023, hai tres sitios Patrimonio da Humanidade no Sudán.[3]

Patrimonio da Humanidade editar

A UNESCO enumera os sitios baixo dez criterios; cada entrada debe cumprir polo menos un dos criterios. Os criterios I a VI son culturais e os VII a X naturais.[4]

Nome Imaxe Localización Ano Criterios Descrición
1 Gebel Barkal e sitios da rexión de Napata   Norte 2003 1073; I, II, III, IV, VI (cultural) Estes cinco sitios arqueolóxicos, que se estenden por máis de 60 km no val do Nilo, son testemuño das culturas Napata (900 a 270 a.C.) e meroítica (270 a.C. a 350 d.C.), do segundo reino de Kush. No lugar atópanse tumbas, con e sen pirámides, templos, complexos habitacionais e pazos. Desde a Antigüidade, o outeiro de Gebel Barkal estivo fortemente asociado coas tradicións relixiosas e o folclore. Os templos máis grandes aínda son considerados pola xente local como lugares sagrados.[5]
2 Sitios arqueolóxicos da illa de Meroe   Río Nilo 2011 1336; II, III, IV, V (cultural) Os sitios arqueolóxicos da illa de Meroe, unha paisaxe semidesértica entre os ríos Nilo e Atbara, foron o corazón do Reino de Kush, unha gran potencia desde o século VIII a.C. ata o século IV d.C. O sitio está formado pola cidade real dos reis kushitas en Meroe, preto do río Nilo, o lugar relixioso próximo de Naqa e Musawwarat es Sufra. Foi a sede dos gobernantes que ocuparon Exipto durante preto dun século e presenta, entre outros vestixios, pirámides, templos e edificios domésticos así como grandes instalacións relacionadas coa xestión da auga. O seu vasto imperio estendíase desde o Mediterráneo ata o corazón de África, e o sitio testemuña o intercambio entre a arte, arquitecturas, relixións e linguas de ambas rexións.[6]
3 Parque Nacional Mariño de Sanganeb e Parque Nacional Mariño da Baía de Dungonab e a Illa de Mukkawar   Mar Vermelo 2016 262rev; VII, IX, X (natural) O sitio consta de dúas áreas separadas: Sanganeb é unha estrutura de arrecife de coral illado no centro do Mar Vermello e o único atol, a 25 km da costa do Sudán. O segundo compoñente da propiedade está formado pola baía de Dungonab e a illa Mukkawar, situadas a 125 km ao norte de Port Sudan. Inclúe un sistema moi diverso de arrecifes de coral, mangleiros, pradeiras mariñas, praias e illotes. O sitio proporciona un hábitat para poboacións de aves mariñas, mamíferos mariños, peixes, quenllas, tartarugas e mantarraias. Dungonab Bay tamén ten unha poboación de dugongos significativa a nivel mundial.[7]

Lista de lugares candidatos editar

Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a lista do Patrimonio da Humanidade se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[8]

Nome Imaxe Localización Criterio Area
ha (acre)
Ano de inclusión Descrición
Suakin   Mar Vermello , 19°06′09″N 37°19′48″L / 19.1025, 37.33 (Suakin) Cultural 1994 [9]
Kerma   Norte 19°36′03″N 30°24′35″L / 19.600803, 30.409731 (Kerma) Cultural 1994 [10]
Old Dongola   Northern 19°10′11″N 30°28′30″L / 19.169825, 30.474894 (Old Dongola) Cultural 1994 [11]
Wadi Howar National Park Northern 18°11′56″N 30°44′26″L / 18.198889, 30.740556 (Wadi Howar National Park) Natural (vii) (viii) (ix) (x) 2004 [12]
Parque nacional de Dinder   Sennar 12°17′N 35°29′L / 12.29, 35.48 (Dinder National Park) Natural (VII) (IX) (X) 2021 [13]
Parque Nacional de Jebel Al Dair   Kordofan Norte 12°26′N 30°39′L / 12.44, 30.65 (Jebel Al Dair National Park) Natural (vii) (ix) (x) 2021 [14]
Parque nacional de Al Hassania Río Nilo 17°35′N 33°58′L / 17.59, 33.96 (Al Hassania National Park) Natural (VII) (IX) (Xx) 2021 [15]
Parque Nacional de Al Radom Darfur Sur 9°10′00″N 24°00′00″L / 9.166667, 24 (Al Radom National Park) Natural (VII) (IX) (X) 2021 [16]
Jebel Marra / Caldeira Deriba (lago do cráter)   Darfur Central 19°57′N 24°16′L / 19.95, 24.27 (Jebel Marra / Deriba Caldera (crater lake)) Natural (VII) (VIII) (IX) (X) 2021 [17]
Os monumentos do Reino de Kerma e Dokki Gei   Norte 19°36′03″N 30°24′35″L / 19.600803, 30.409731 (The Monuments of the Kingdom of Kerma and Dokki Geil) Cultural (I) (II) (III) (IV) (Vv) 2022 [18]
Illa Sai Norte 20°42′30″N 30°19′30″L / 20.708333, 30.325 (Sai Island) Cultural (II) (III) (IV) 2022 [19]
O templo de Soleb   Norte 20°26′00″N 30°20′00″L / 20.433333, 30.333333 (The Temple of Soleb) Cultural (II) (III) (IV) 2022 [20]
Banganarti   Northern 18°10′00″N 30°47′06″L / 18.166667, 30.785 (Banganarti) Cultural (II) (III) (IV) (V) 2022 [21]
Vila de Al Khandaq Northern 18°36′00″N 30°34′00″L / 18.6, 30.566667 (Al Khandaq Village) Cultural (II) (III) (IV) 2022 [22]
Parque Nacional de Wadi Hower - Gala Abou Ahmed (sitio mixto natural e cultural) Norte, Darfur Norte, Kordofan Norte 17°27′40″N 29°33′33″L / 17.46107, 29.55929 (Wadi Hower National Park - Gala Abou Ahmed (mixed natural and cultural site)) Mixed (II) (III) (V) (VII) (IX) (X) 2022 [23]

Notas editar

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "Sudan". UNESCO. Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  4. "Os criterios de selección". UNESCO World Heritage Center. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  5. "Gebel Barkal and the Sites of the Napatan Region" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 25 de febreiro de 2024.   Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.
  6. "Archaeological Sites of the Island of Meroe" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 25 de febreiro de 2024.   Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.
  7. "Sanganeb Marine National Park and Dungonab Bay – Mukkawar Island Marine National Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 25 de febreiro de 2024.   Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.
  8. "UNESCO World Heritage Centre – Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017. 
  9. "Suakin". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  10. "Kerma". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  11. "Old Dongola". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  12. "Wadi Howar National Park". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  13. "Dinder National Park". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  14. "Jebel Al Dair National Park". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  15. "Al Hassania National Park". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  16. "Al Radom National Park". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  17. "Jebel Marra / Deriba Caldera (crater lake)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  18. "The Monuments of the Kingdom of Kerma and Dokki Geil". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  19. "Sai Island". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  20. "The Temple of Soleb". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  21. "Banganarti". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  22. "Al Khandaq Village". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 
  23. "Wadi Hower National Park - Gala Abou Ahmed (mixed natural and cultural site)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-11-20. 

Véxase tamén editar