Patrimonio da Humanidade en Acerbaixán
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Acerbaixán, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Acerbaixán ratificou a convención o 16 de decembro de 1993.[3]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
editar- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Acerbaixán
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
* Lugar transnacional
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Cidade vella de Bakú, co palacio dos Shirvanshahs e a Torre da Doncela[5][6] | Bakú | 2000 | 948; iv (cultural) | |
02 | Parque Nacional de Gobustan[7] | Distritos de Garadagh e Absheron | 2007 | 1076rev; iii (cultural) | |
03 | Palacio dos Khans de Shaki[8] | Shaki | 2019 | 1549rev; ii, v (cultural) | |
04 | Paisaxe cultural de Khinalug e Ruta de Transhumancia "Köç Yolu" | Distrito de Quba | 2020 | 1696; iii, v (cultural) | |
05 | Bosque mixto hircano do Caspio | Distrito de Lankaran e Astara | 2023 | 1584bis; ix, x (natural) |
Notas
editar- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ "Azerbaijan". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "World Heritage Committee removes Baku from Danger List welcoming improvements in the ancient city´s preservation". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "Walled City of Baku with the Shirvanshah's Palace and Maiden Tower". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2021. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "Gobustan Rock Art Cultural Landscape". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 2 de xaneiro de 2021. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "Historic Centre of Sheki with the Khan's Palace". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Acerbaixán |