Parque Nacional de Gobustan

O Parque Nacional de Gobustan atópase ó oeste do asentamento de Gobustan, a uns 64 quilómetros ó suroeste do centro de Bakú. Foi establecido en 1966 cando a rexión foi declarada como un monumento histórico nacional de Acerbaixán nun intento de conservar as antigas tallas, volcáns de lama e pedras de gas na rexión. A paisaxe cultural de arte rupestre incluído no Parque Nacional de Gobustan foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2007.[1]

Paisaxe cultural de arte rupestre de Gobustan
Qobustan.jpg
Entrada do parque
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of Azerbaijan.svg Acerbaixán
Localización40°7′30″N 49°22′30″L / 40.12500, -49.37500
TipoCultural
Criteriosiii
Inscrición2007 (31ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia
Identificador1076

Hoxe Gobustan é a reserva nacional máis popular de Acerbaixán.

Tallas prehistóricasEditar

 
As imaxes sobre as rochas na reserva de Gobustan nos séculos X-V a. C.
 
Gravados rupestres en Gobustan do ano 10.000 a. C.

As tallas rupestres e petróglifos no lugar mostran cativadoras imaxes da vida prehistórica no Cáucaso. Os bosquexos ben conservador mostran antigas poboacións que viaxan en botes de xuncos; homes cazando antílopes e touros salvaxes, así como mulleres bailando.[2] O afamado antropólogo noruegués Thor Heyerdahl regresou moitas veces a Acerbaixán entre 1961 e a súa morte en 2002 para estudar o lugar na súa «Na busca de Odín».


Volcáns de lamaEditar

Estímase que 300 dos arredor de 700 volcáns de lama que existen no mundo están en Gobustan.[3] Moitos xeólogos así como turistas do lama nacionais e internacionais camiñan a lugares como o cráter Firuz, Gobustan, Salyan para coñecer os volcáns de lama que se cre que teñen propiedades medicinais.[4] En 2001 un volcán de lodo a 15 quilómetros de Bakú fíxose noticia internacional cando repentinamente empezou a arrebolar chamas de 15 metros de alto.[5]

NotasEditar