Patria Gallega foi un semanario editado en Vigo en 1906.

Patria Gallega
LocalidadeVigo
Na rede
Galiciana: 6764
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulada Revista Semanal Ilustrada, apareceu o 11 de agosto de 1906. Publicábase os sábados. Entre os seus colaboradores figuraban Pío Lino Cuiñas, Enrique Labarta Pose, Amador Montenegro e Juan Neira Cancela e ilustrado con debuxos de Rafael Fuembunea. Imprimíase na Litografía Comercial de Manuel Reymóndez. Cesou ao pouco tempo, o último número coñecido é o 8 editado o 29 de setembro de 1906.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar